ENTREVISTA

Javier A. Varela: “As pontes empréganse moito na pintura, son un obxecto atractivo e un símbolo de unión"

FotoJet (13)_result

El pintor afirma que apostó por un formato vertical del Puente Nuevo porque "me pareceu oa idea para que a a ponte tivera maior presencia que o resto do paisaxe"

Unha das figuras "olvidadas" da Ponte Nova son as súas bañistas, as mulleres que tomaban o sol–disque eran os morenos máis lucidos da cidade–nas zonas verdes e na "praia" que se formaba baixo os arcos da obra de enxeñaría singular que agora cumpre cen anos. Eran outros tempos. O pintor Javier A. Varela recupera na súa visión creativa da construción centenaria a estas bañistas, como parte do seu cadro en acuarela, onde o verdadeiro protagonismo lévao unha das metades da ponte e o río. Ao fondo, vislúmbrase borrosa a Ponte Romana. Esta lámina é a sexta entrega gratuíta, que regala mañá La Región con cada exemplar do xornal, no marco dunha colección de traballos de artistas locais que ofrecen a súa perspectiva desta enseña ourensá. Unha peculiaridade da lámina de Javier Á. Varela: é a única vertical.

“As bañistas da Ponte Nova" é o título da súa lámina. Por que as escoulleu como personaxe?

Introducinas na paisaxe. É un tema moi habitual da  pintura e parecíame moi apropiado, pero teñen que ser protagonistas o río e maila ponte, que ocupa a maior parte do cadro, aínda que esté ao fondo da escena. A idea pareceume que era como quitarlle un pouco de "ferro" ao tema.

A súa obra é a única vertical das once creacións. Por que apostou por este formato?

O formato horizontal sería o habitual, pero como as pontes son cousas simétricas é moi fácil reestruturar a composición, e ensinando unha metade estas ensinándoa toda. Pareceume que para que tivera maior presencia que o resto da paisaxe–aínda que aparece no fondo a Ponte Vella en término borroso–, era boa idea destacar esa parte significativa da pedra e a peza de ferro.

Como foi o proceso creativo? Era esta a súa primeira idea?

Dinlle unhas cantas voltas. Tiras de cousas que coñeces, representacións anteriores...Fixen o primeiro boceto da ponte e despois decidín reestruturalo para darlle un pouco máis de protagonismo. Na acuarela  creo que é importante que se vexa unha atmosfera, na miña pintura gústanme as cores vibrantes.

Ten empregado as pontes na súa pintura?

Si. As pontes son un elemento simbólico moi utilizado na pintura, porque representan unha reunión de moitas cousas: salvan obstáculos, por exemplo. Son unha especie de avance da humanidade. Ademais, como obxecto son atractivas fóra do que representen na realidade.

E a Ponte Nova, que cre que simboliza para Ourense?

É evidente que é un símbolo de progreso. Salva o obstáculo do río, une a cidade, foi unha vía de comercio... As pontes son obras de enxeñaría útiles para a sociedade. Fixeime en que a forma da Ponte Nova coincide con outras de Europa da mesma época. Hainas moi parecidas en París, por exemplo.

Cre que os artistas se fixaron na ponte ao longo da historia ourensá?

Hai unha visión nostálxica. A Ponte Vella seguramente está máis retratada que a Nova ou a do ferrocarril. Tamén hai outro tipo de lecturas, visións románticas, outras máis descriptivas...pero penso que a Ponte Nova si que é un tema tocado polos artistas.

Ten recordos vinculados á obra centenaria?

Si, teño máis de un, porque vivín unha temporada na zona do Vinteún. Ou recordo cando ía buscar a algún amigo ao instituto. Normalmente, pois tiñas que pasar por aí. 

Ten un proxecto pendente. Fálenos del.

Teño un taller en Allariz onde fago clases particulares de pintura, aínda que agora en verán non. Estou metido na montaxe dunha exposición na Fundación Vicente Risco, acerca da novela de "O porco de pé". É unha galería de retratos de personaxes desa obra e sería unha especie de mostra monográfica permanente. Estamos rematando a montaxe. 

Te puede interesar