ENTREVISTA

“Yosi emocionouse cando se enterou da campaña para adicarlle unha rúa"

Entrevista a Juan Carlos de moteros solidarios
13*-8-17
photo_camera Juan Carlos Blanco. (M. PINAL)

O presidente de Moteros Solidarios, Juan Carlos Blanco, está detrás da campaña para bautizar unha rúa da cidade co nome de Yosi a través da plataforma Change.org. "O 16 de decembro faise a segunda quedada de fans do grupo Los Suaves en Ourense e pensamos que sería un bo día para inaugurar a rúa"

Como xurdiu a idea?

Partiu da miña muller, Susi. Cando fixemos a homenaxe a Ángel Nieto na Praza Maior falábase de que que a Yosi se lle podía dar unha rúa por todo o que leva feito, pero intentar que lle den en vida e non unha vez que morra a persoa, como soen facer sempre.

Cales son os seus méritos?

Yosi levou o nome da cidade de Ourense por todo o mundo. El é escritor, poeta e, en definitiva, un artista multifunción, que merece este recoñecemento. 

Como vai a campaña?

Nas primeiras 24 horas chegouse ás 500 sinaturas. Vanse presentar no Concello de Ourense e na Xunta. Hai tempo, como cousa dun ano, fixen outra petición, Yosi, "Príncipe de Asturias das Letras", e aínda está en vigor. Andamos nas cinco mil sinaturas. Son moitas.

Yosi sabe da iniciativa?

Forma parte de Moteros Solidarios. El está encantado ca petición. Polo que nos comentaron emocionouse. Gustaríanos que esta iniciativa sirva para animalo nestes momentos difíciles e lle serva de aliciente para que todos poidamos desfrutar pronto véndoo de novo encima do escenario. 

Te puede interesar