ÁREA METROPOLITANA

Lavado de cara á praza principal de Trasalba

26239689_2045510758798267_2174203937436495684_n_result
photo_camera Colocación das letras na praza de Outeiro (Trasalba), esta pasada fin de semana.

O Concello ultima a estrea da praza que homenaxea ao veciño Darío Cabanelas

O núcleo de Outeiro de Trasalaba, no concello de Amoeiro, cambiou o aspecto da súa praza central, contigua a onde se celebran as festas patronais da localidade, logo das obras de acondicionamento da praza que comezaron o pasado mes de novembro. A praza, que será inaugurada nas vindeiras semanas, foi mellorada tras cambiar o asfalto deficiente que tiña anteriormente por un adoquinado que permitirá o uso lúdico do mesmo.  

Esta pasada fin de semana rematábase a colocación das letras que conforman a placa coa que se homenaxea a Darío Cabanelas Rodríguez, que dará nome á praza, e aínda quedan algúns últimos retoques para rematar a obra.

Este arabista foi veciño do lugar de Outeiro de Trasalba e faleceu no 1992 logo de formar a moitos profesionais de distintas xeración na literatura e lingua árabes durante máis de 40 anos. 

Coa mellora deste espazo público, situado a escasos metros do Pazo Museo Otero Pedrayo de Trasalba, embelécese unha zona concurrida que se sitúa entre o campo da festa e a beira dun bar, o que redundará na mellora e na comodidade de veciños e visitantes.

 Os traballos levados a cabo polo Concello de Amoeiro consistiron na colocación do adoquinado de pedra onde anteriormente había unha da mestura de pedra e formigón que se atopaba en mal estado e que non permitía o seu uso público par aos veciños da zona. Asemesmo, permitirá desde xa ter un lugar para valorar o legado de Darío Cabanelas, grazas a unha placa nque percorre a entrada.

Cortes de auga subsanados

Unha rotura na rede de abastecemento de auga deixou varias horas sen servizo o pasado domingo aos veciños dos núcleos de Abruciños, Figueiras e Liñares, todos en Amoeiro. O problema quedou subsanado por parte dos traballadores do Concello.

Parada de Amoeiro xa ten cartel de Entroido

O Entroido da parroquia de Parada de Amoeiro que se celebra desde o domingo 11 ao mércores 14 de de febreiro xa ten cartel definitivo. O punto forte será o luns día 12, no que se levará cabo o xa tradicional percorrido das carrozas por todos os núcleo do concello, acompañado da música e con degustación de pinchos e bebidas nos diferentes puntos. Haberá actuación de orquestras e de varias charangas para amenizar a celebración. 
Xa o martes, haberá un xantar popular, e unha verbena coa orquestra Nebraska na que se entregarán os disintos premios, en colaboración co Concello de Amoeiro. Por último, o mércores de cinza terá lugar o enterro da sardiña e a queima do meco. 
 

Te puede interesar