literatura

A Fundación Eduardo Blanco Amor nomea o seu Padroado

Ourense. 14-09-17. Local. Mesa redonda sobre Eduardo Blanco Amor no Liceo. Luis Glez Tosar, Maribel Outeiriño, Alfonso Moxardín
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Luis González Tosar, Maribel Outeiriño y Alfonso Vázquez Moxardín durante el acto.

Manuel Baltar destacou "a vontade integradora coa que nace a fundación, para aglutinar esforzos e para afondar no estudo da figura deste intelectual".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou onte o decreto de nomeamento dos patróns da Fundación Eduardo Blanco Amor, coincidindo coa celebración do 120 aniversario do nacemento do autor de "A Esmorga". Son os seguintes: Gonzalo Allegue Otero, Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda, Eduardo Camilo Bóveda Sebastián, María Soledad Do Muiño Cid, Luís González Tosar, Bieito Iglesias Araujo, Carlos Laiño Lorenzo, Arturo Lezcano Fernández, Siro López Lorenzo, Acisclo Manzano Freire, Maribel Outeiriño Rodríguez e Luís Pérez Rodríguez.

En canto ás persoas xurídicas son o Concello de Ourense representado polo alcalde, Jesús Vázquez Abad; a consellería de Cultura da Xunta de Galicia representada por Román Rodríguez González, e a Editorial Galaxia representada por Antón Vidal Andión. 

Manuel Baltar destacou "a vontade integradora coa que nace a fundación, para aglutinar esforzos e para afondar no estudo da figura deste intelectual".

Acto no Liceo

A Deputación colaborou co acto literario organizado onte polo Liceo e o Centro-Pen Galicia, "Vixencia de Eduardo Blanco Amor, no 120 aniversario do seu nacemento". Un encontro que ue serviu para resaltar a profundidade da obra do autor e que contou coa participación de Maribel Outeiriño, Afonso Monxardín, Luís González Tosar e un grupo de alumnos do I.E.S. Blanco Amor. 

Te puede interesar