ENTREVISTA - POLÍTICA

Luis Seara: "Teño a sensación de que moita xente agarda por nós, estamos no camiño"

Ourense. 12-05-17. Local. Entrevista a Luis Seara, nova cabeza visible do BNG na cidade de Ourense.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera O novo responsable local do BNG de Ourense, Luis Seara, no xardín do Posío.

O BNG acaba de entregarlle o timón da agrupación no concello de Ourense a Luis Seara, co obxectivo de conducir á formación cara ás vindeiras eleccións municipais de 2019, aínda que non confirma se se postulará como candidato.

Amósase ilusionado co momento do partido, confiado en que a tormenta que o deixou fóra do Concello en 2015 está superada.

Que lle levou a dar o paso?

É unha decisión colectiva. O anterior responsable comunica que non pode seguir e entendemos que fai falta alguén con experiencia e tempo, coincide que todos os camiños levan a Roma, son unha persoa que daba o perfil.

Pero non creo que elixan o primeiro que pasa pola rúa.

Claro, por eso digo que se valorou quen podía ser o máis adecuado.

É un “marrón" coller unha formación sen representación no Concello?

Non, é unha responsabilidade e un halago. É certo que non estar na institución, co que significa de foco, é un problema, pero sempre entendimos a política como traballo a pé de rúa, estar onde hai problemas para levalos á institución. Só nos falta o último eslabón da cadea.

Pero todos pensan no 2019, non?

É importante estar nas institucións, pero se non hai traballo social previo, non é a panacea. Moitas veces incluso se nos acusou de excesiva institucionalidade, ten que ir en paralelo.

Vese como candidato?

Son responsable local. Coincide neste momento que ó non ter representación institucional, ten maior dimensión, pero non é o debate. Non nos preocupa elixir o candidato, só queremos facer as cousas ben. Estamos agora nesa fase de resintonizar coa sociedade, se facemos ben o traballo, sexa quen sexa o candidato, teremos representación. É unha necesidade que o BNG estea no Concello.

Gustaríalle?

Non é unha cuestión de gustos. Cada un está ó que diga a organización.

O BNG salvou un “match ball" o 25-S. Concorda?

Si que hai un punto de inflexión despois das eleccións galegas. Non só se percibe polos resultados, que foron mellores do agardado, senón pola percepción da xente que ten ó respecto do BNG e sobre quen o lidera. Difícilmente unha forza que ten problemas internos pode pedirlle confianza á xente. Creo que atopamos o camiño, estamos na dirección correcta e teño a sensación que hai moita xente agardando por nós.

Como ve o Concello de Ourense?

Temos a sensación de que está nunha situación de parálise e inacción evidente, por máis que o alcalde tire de propaganda. As grandes cuestións están sen resolver. A sensación é que o alcalde actúa máis como un delegado da Xunta.

Bota en falta un goberno alternativo?

Dende a oposición pode facerse unha labor constructiva. O exemplo claro é o Plan de Emprego impulsado polo BNG. A sensación é que hai 

unha pugna para ver quen pode ocupar o sillón, pero non hai proxecto alternativo. As tres forzas dialogaron e ó día seguinte, nada.

A competencia é ampla no espectro político do BNG.

Con toda a humildade, non temos competencia, estamos nun espazo que non ocupa ninguén. Somos nacionalistas. Coincidimos en análises das forzas de esquerda, pero actuamos en clave de país.

A nivel local hai que transformar esa mensaxe?

Si, pero ó final desde os concellos tamén se constrúe o país. Hai moitas cuestións que son estrictamente locais e así hai que afrontalas, pero outras hai que enmarcalas no contexto de país. Falamos da chegada do AVE, por exemplo, pero non pode ir illado da infraestrutura. 

Te puede interesar