AGENDA

Un malquerer do século I, en galego

OURENSE. 17/10/2018 Ana Gloria Gonzalez, traductora de griego. Foto para entrevista. FOTO: Miguel Angel
photo_camera Ana Gloria Rodríguez posa coa súa obra, nas escalinatas de Santa María Nai.

A asociación Viavella presenta hoxe ás 20,00 horas a tradución ao galego da que se considera a primeira novela de Occidente que se conserva íntegra. 

 

A primeira novela de Occidente que se conserva íntegra, "Historia de Calírroe", de Caritón de Afrodisias, xa se pode ler en galego. A profesora de grego do IES Cidade de Antioquia de Xinzo e tradutora Ana Gloria Rodríguez Alonso recupera para a nosa lingua este relato que os expertos sitúan entre os séculos I a.C e I d.C. A obra, de Rinoceronte Editora na colección Vétera, presentarase hoxe ás 20,00 horas na asociación Viavella, no local do Andén Primeiro (rúa Avenida de Marín, sen número).

"É un love story clásico, pero enganchoume porque trata un tema moi actual. É a historia dun caso de violencia de xénero. Nos primeiros capítulos, el dalle unha patada e mátaa. El vai a xuizo, pero perdónao ata o seu sogro. Os celos provocaron todo", conta Ana Gloria Rodríguez sobre a obra. Alerta spoiler: Ela revive.


Linguas vivas


Sánscrito, turco, finés, latín, grego... A editorial Rinoceronte está especializada en recuperar linguas e textos que non son tan coñecidas. Neste caso, a tradutora da a clave de conectar dúas linguas: o grego clásico e o galego. "Todo o que sexa poder ler en galego literatura clásica aporta moito, tanto para a normalización do galego como para a creación de rexistros literarios para a tradución", anota a autora.  

Conta ca experiencia de traducir a outro dos clásicos, os "Elementos" de Euclides. Un tratado matemático e xeométrico de 13 libros e unha labor minuciosa, de anos, para a que contou coa colaboración dun matemáticos. "Sempre pasamos polo filtro do castelán e así vaise diluindo o galego, tanto o literario como o das ciencias. Por iso me pareceu importante que os rapaces de hoxe poidan acceder a eses principios de Euclides, vixentes, en lingua galega", conta. E soñando con clásicos, asegura que se hai unhas composiciones que cómpre ter en galego, esas son a Ilíada e a Odisea.  


"A cabeciña quere liberdade"


Por último, Ana Gloria Rodríguez deixa unha reflexión sobre as Humanidades: "Non trato de convencer á xente de que as estude, pero quen queira facer Humanidades, que se lle deixe facelas. Que non se intente convencer aos alumnos bos para que vaian por asignaturas de ciencias. Unha sociedade que só e técnica vai abocada ao fracaso, á cabeciña hai que darlle mais liberdade". n

Lugar: Andén
Primeiro, avenida
de Marín sen número

Hora: 20,00  horas

Te puede interesar