'Mañás de Nadal' para os máis pequenos da cidade

A Asociación Amencer e o Concello de Ourense volven a organizar esta actividade na que poderán participar os nenos e nenas dende 1º de Infantil ata 2º da ESO. 

Os nenos e nenas da cidade poderán desfrutar un ano máis do programa Mañás de Nada, organizado pola Asociación Xuvenil Amencer coa colaboración do Concello de Ourense. Esta actividade desenvolverase dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro e está adicado para nenos dende 1º de Infantil ata 2º da ESO, ambos cursos incluídos. 

Para ilo, haberá 72 prazas para escolares de infantil e 84 para os de Primaria e os da ESO. Durante esos días os máis pequenos da cidade poderán desfrutar de actividades como xogos, ludoteca, termas, visita a Pazolandia ou cine no Auditorio. O horario será de 10 a 13:30 horas. 

Concerto solidario para a Operación Quilo

Ademáis, os grupos xuvenís que ensaian no Espazo Lusquiños ofrecerán o venres 16 de decembro un concerto solidario para apoiar a OperaciónQuilo, para iso a entrada será levar un quilo de alimentos. A actuación será no propio Espazo Lusquiños e arrancará as 20 horas. 

Te puede interesar