Congreso PP

Manuel Baltar: "O PP sae deste Congreso máis forte que nunca"

Foto.votacion.Manuel.Baltar.congreso.PP
photo_camera O presidente da Deputación, Manuel Baltar, deposita o seu voto durante o Congreso do PP.

O presidente provincial lembrou que hai que prepararse para o novo próximo curso político "marcado polas eleccións máis importantes que existen, as municipais, de onde saen os gobernos autonómicos e nacionais máis fortes"

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, felicitou este sábado en nome de todos os populares ourensáns ao novo presidente nacional da formación, Pablo Casado, “vencedor claro na votación”, nun congreso do que “o PP sae máis forte que nunca e dando todo un exemplo de democracia interna”.

Manuel Baltar asegurou tamén que “o Partido Popular é o gran gañador neste proceso, pois hoxe comezamos unha nova etapa, cun liderado sólido, un partido renovado e co obxectivo de volver a gobernar para garantir o progreso deste país”.

O presidente provincial afirmou que unha vez pechado este proceso “é o momento de poñerse a traballar todos na mesma dirección para conseguir de novo a confianza maioritaria dos electores”, lembrando que o próximo curso político “ven marcado polas eleccións máis importantes que existen, as municipais, de onde saen os gobernos autonómicos e nacionais máis fortes”.

“Hai días falaron os afiliados, agora os compromisarios e en menos dun ano falarán todos os ourensáns nas urnas cos seus votos –sinalou-, polo que compre imprimir máis intensidade ao labor previo, presentado na nosa convención dos Milagres, como sempre facemos todos aos anos, un proxecto renovado e ilusionante”.

Te puede interesar