OURENSE

Mellorar o transporte público será o obxectivo do Plan de Mobilidade


Entre as peticións figura o acceso de bicicletas e mascotas aos autobuses

O goberno municipal convocou onte unha mesa de traballo no Centro Cívico Colón para impulsar o Plan de Mobilidade do Concello de Ourense, documento aprobado en maio de 2012. O alcalde, Jesús Vázquez, deu á benvida aos grupos políticos, técnicos municipais e colectivos cidadáns e recordoulles a importancia de unir forzas para acadar un modelo de cidade saudable, sostible e segura. "Esta memoria é un punto positivo de arranque e é importante unir a experiencia de todos nós", explicou o edil.

O portavoz e concelleiro de Infraestructuras e Transporte Público, José Araújo, pediu aos participantes que revisen o futuro Plan de Mobilidade para que na seguinte reunión, que se celebrará dentro dun mes, fagan chegar as súas aportacións có obxectivo de melloralo. Outro dos puntos do día era recabar aportacións para o futuro prego de condicións para o concurso de concesión do transporte público. "Gustaríanos que de aquí saíran as demandas que existen entre os veciños para incorporar ao novo transporte. Estos días chegáronme cuestións como o acceso das bicicletas aos autobuses, que se permita o viaxe de mascotas ou que se melloren as liñas e se leve o transporte a determinados lugares da cidade", explicou Araújo.

O equipo de traballo está composto polos concelleiros responsables das áreas de Tráfico, Flora Moure; Asuntos Sociais, Sofía Godoy, e José Cudeiro, de Urbanismo. A concelleira de Educación, Belén Iglesias, destacou a importancia deste Plan para a súa área de traballo." Trátase dun tema fundamental para a Concellería de Educación xa que un dos problemas fundamentais có que nos encontramos son as entradas e saídas dos colexios", dixo Iglesias.

Na mesa tamén estiveron presentes os grupos políticos con representación municipal como Javier Rey, do PSdeG-PSOE; Manolo Álvarez, de Democracia Ourensana, e Martiño Xosé Vázquez, voceiro de Ourense en Común. Asimesmo, contouse coa participación de colectivos como Stop Accidentes, as federacións veciñais Limiar e Miño, Masa Crítica e as Anpas, entre outros.

Te puede interesar