CONGRESO SOCIALISTA

Miguel Bautista: "Queremos que todo sexa o máis transparente e limpo posible"

O Presidente da xestora espera que a decisión que salga do Congreso sexa a máis transparente posible

Aínda ser ter moi claras as súas atribucións, a xestora do PSOE ourensano, con Miguel Bautista á cabeza, comeza a planificar o proceso electoral para tratar de que todo transcurra con normalidade.

Como foi o primeiro día?

Vendo temas de fechas, facilitar as inscripciones das precandidaturas, as bases da congreso, pero agardando un pouco para que nos aclaren que facer.

Como é o seu nomeamento?

Non me postulo. A executiva propuxo nomes, entre eles o meu, e entendo que teño certa confianza de Gonzalo, coma o resto. Somos catro da executiva e un do comité da ética, os que estamos coa dirección.

Falou coa dirección provincial saliente?

Chamei a Raúl (Fernández) ó saír da executiva en Santiago para decirlle o que pasara e nada máis.

A intención é interferir o menos posible?

Queremos que chegue rápidamente o 20 de xaneiro, o 17 de decembro para ver se alguén ten a maioría ou o 30. Que sexa o máis limpo e transparente posible, esa é a mensaxe central.

Era necesario conformar unha xestora?

É cuestión de que hai uns estatutos e se dimite máis da metade da executiva, en teoría están todos fóra, é o que lle paseu a Pedro Sánchez o ano pasado. É o mecanismo que ten o partido.

Pode saír o PSOE de Ourense unido?

Non sabemos nin cantos candidatos hai, espero que os que haxa leven no seu programa conseguir o maior consenso posible. Quero os máximos aspirantes posibles. A partir de maña (por hoxe) xa poden inscribirse.

Espera rexeitamento cara a xestora dalgúns militantes?

Non entendería protestas contra nós, non temos nada que ver. Ningún de nós dimitiu, estamos facendo unha cuestión orgánica que nos manda o partido, non hai máis.

É haberá total neutralidade?

Xa falei cos compañeiros. Cada un ten o seu corazoncito, pero non debemos ir a ningún acto, polo menos é o que farei eu. Independentemente do que despois cada un vote, que aí somos todos militantes, debemos ser asépticos. Non me reunirei con nadie.

Modificarán algo do aprobado o sábado na convocatoria electoral?

Nin idea, porque non sabemos a que estamos facultados, estamos pendentes de sabelo. n

Te puede interesar