ENTREVISTA

Miguel Doval: “Non queremos pactar, só acordos puntuais polo ben da cidade”

A "marea" rexeita pactos ou coalicións, rexeitando participar nun eventual goberno.

A "marea" da que é cabeza de cartel Miguel Doval anuncia unha oposición responsable e rexeita pactos ou coalicións, rexeitando participar nun eventual goberno.

Satisfecito co resultado?

Etamos moi contentos, somos xente novel en política e abrimos un camiño con moita ilusión.

Apoiarán a investidura de PP ou DO, pactarán despois?

Non queremos pactos con ninguén, nin coalicións, só acordos puntuais polo ben da cidade. E votarémonos a nós mesmos ou, chegado o caso, nos absteremos na investidura; para iso, reunirémonos esta semana, con fin de facer equipos de traballo e o primeiro será desempapelar a cidade de cartelería electoral. De pactos, que se apañen entre eles.

Como vai ser o seu papel na oposición?

Imos garantir a transparencia do Concello e daremos participación real aos cidadáns. Loitaremos para que os que gobernan cumpran o que predicaron. 

Te puede interesar