PARADA DE SIL

Miguel Planels e Anxo Cid recibiron os premios de fotografía ‘Rosa Pons'

parada_de_sil_result
photo_camera Camiño Yáñez, Xosé Antón Vázquez, Luis Anxo Cid e Iolanda Jácome.

O certame, dotado con 1.500 euros, convócao o Concello de Parada de Sil

O pasado xoves tivo lugar o acto de entrega dos premios da oitava edición do  concurso fotográfico “Rosa Pons” de Parada de Sil, no que resultaron gañadores Lois Anxo Cid García, co traballo “Visións de Prada de Sil”, dotado con 800 euros, e Miguel Planels, de Banyoles, Girona, que foi o vencedor no tema libre, titulado “Onde fuxir”, dotado con 700 euros.


O xurado estivo formado pola fotoxornalista Rosa Veiga, o  fotógrafo Plácido Rodríguez e Xosé Antón Vázquez, presidente da Asociación Cultural Ouro do Sil. O xurado, no seu fallo,  destacou o alto nivel das fotografías presentadas  sobre  todo no tema libre, onde priorizaron os retratos e temas de viaxe.
A entrega de premios estivo presidido pola alcaldesa, Yolanda Jácome, e contou coa presencia do patrocinador do concurso, Camilo Yáñez, empresario natural de Parada do Sil afincado en Barcelona, a quen a rexidora de Parada agradeceu o seu xesto de xenerosidade. 


As fotografías participantes no concurso están expostas no salón de plenos do concello en horario de oficina, ademais de sábados todo o día e os  domingos pola mañán.

Te puede interesar