ENTREVISTA

Miguel Saco: "Nesta arte dos mobles hai grandes mestres da falsificación"

Pasear polo taller que o escultor e restaurador ourensán Miguel Saco ten na rúa 18 -en pleno centro de manhattan- é un curso de historia da arte polo que moi- ta xente pagaría moito diñeiro

Pasear polo taller que o escultor e restaurador ourensán Miguel Saco ten na rúa 18 -en pleno centro de manhattan- é un curso de historia da arte polo que moita xente pagaría moito diñeiro... e se ese paseo o fas co propio Miguel coma cicerone xa se convirte en impagable.

Literalmente, con cada moble que podes tropezar, no que te podes sentar ou inconscientemente apoiar, ten unha historia abraiante detrás. Pódese narrar o século XX a través de cada unha das aristas do seu mobiliario: cadeiras que Frank Lloyd Wright deseñou para o Hotel imperial do Xapón nos anos 50; outra cadeira orixinal de mies Van de rohe de 1927 -da escola da Bauhaus- nos albo- res do deseño en tubo; un armario de Le Corbusier para a universi- dade Brasil, cadeiras de Bugatti... non hai fin. As súas restauracións están nas mellores coleccións de arte do país, no museo de arte metropolitano (MET) e na propia Casa Branca, e entre os seus clientes atopamos desde andy Warhol a Peter Brant, que hoxendía é un dos maiores coleccionistas do mundo.Pasen, póñanse cómodos e vexan.

Cómo chegou vostede a Nova York?

Foi nos anos 80. Cando cheguei adicábame a facer escultura e puiden alugar un taller no east Village. Pouco a pouco me fun metendo no mundo do moble e da restauración. Aos poucos comecei a ter unha carteira de clientes máis ou menos importantes e comecei a fixarme sobre todo no século XX que era o que máis me chamaba. Empezamos a desenvolver o mercado, a traballar coas grandes casas de subastas especialiazadas no século XX e pouco a pouco facendo o negocio que se pode ver hoxe.

Por qué o século XX?

Son máis afín ao século XX. Sempre me gustou o principio de século, o cubismo, Picasso, todo ese movemento, os grandes deseñadores de esa época Mies Van de Rohe, Marcel Roger... Mackin- Tosh a finais do XiX. Esta época foi unha gran revolución do mundo do deseño e das artes decorativas.

Este traballo que realiza aquí, cree que o podería desenvolver en España?

É dificil porque alí non abundan tanto os coleccionistas de artes decorativas coma no mercado americano. En españa son máis receptivos ás coleccións de pintura ou escultura. E iso que en España existen grandes coleccións de artes decorativas, pero do século XV, XVi ou XVii. Desgraciadamente o século XX alí deixou un oco bastante importante.

Ten máis sentido quizáis este negocio en Nova York tamén porque hai xente con moito diñeiro pero tamén con moita sensibilidade pola arte?

Se descoñeces a artes decorativas non podes valoralas. Se non te moves nun mundo onde exista un mercado moi grande non sabes o que che gusta ou o que non, é como un rapaz coa comida... ata que non o probas non o sabes.

A súa empresa funciona tamén como unha consultora de arte.

Sí. Nesta rama para nós o máis importante é que os nosos clientes consigan as mellores pezas do mer- cado. asegurámonos de que non teñan restauracións anteriores ou polo menos que estean nomeadas e en base a iso establecemos unha cotización.

Cal é a peza que pasou polo seu taller e que non vai esquencer nunca?

Hai moitas e non porque foran máis ou menos valiosas se non polo que significan socialmente. Hai unha cadeira preciosa que ainda conservo de mies van de rohe de 1927 que é unha peza de colección maravillosa, e o estado de conservación é moi bo. non é unha das pezas máis valiosas pero sen embargo para min representa unha revolución social.

E cal é o cliente do que non se vai esquencer...

Eu teño clientes no mundo da arte que pola súa singularidade sempre me chamaron moito a atención. Artistas plásticos como Andy Warhol, galeristas como Leo Casteli, Gagosian, o coleccionista Peter Brant... é xente realmente paixonal, é o que admiro diles, a paixón, e é moi difícil olvidalos.

Warhol, por exemplo, non era un especialista en mobles pero supoño que a linguaxe común que compartían era a arte...

Claro, todos eles sinten unha paixón especial por todo aquilo donde existe arte... onde está ese espírito, esa inquietude que emana dunha obra de arte, xa pode ser un cadro, unha cadeira, unha pintura, unha escultura. Falamos a mesma linguaxe. Iso é o que da pracer de traballar con xente así.

Como é o proceso dunha peza desde cando entra ata cando sae do seu taller?

Eiquí veñen pezas por dúas ou tres razóns. Unhas por tema de conservación ou restauración e outras por valoración. Os coleccionistas gustan de saber que as pezas que están mercando sexan auténticas, e dentro diso cal é o grao de autenticidade no que se moven. As pezas poden ser alteradas de moitísimas formas e poren perder valor por motísimas razóns. Nós, logo de determinar que son orixinais clasificamos as pezas entre boas, mellores, extraordinarias e obras mestras. 

Hai moita fraude neste mercado?

Moita, especialmente no século XX porque é moi fácil de reproducir. Os falsificadores pensan dunha forma totalmente distinta ao artista e hai que recoñecer que son uns grandes mestres e que coñecen perfectamente a linguaxe das artes decorativas. Traballan para poder distraer a visión da peza orixinal con artimañas que senon es un profesional que está metido dentro do oficio son imposibles de detectar.

Esta parte do negocio, que tempo lle deixa para seguir esculpindo?

Eu fago escultura sempre co que teño no taller. O taller para min é unha fonte de materia prima e sempre estou enredando con cousas e pouco a pouco vou facendo ao mesmo tempo que traballo.

Que é no último que creou?

Estou facendo unhas pezas minimalistas, con color, en laca, que non fixera anteriormente e que se poderan ver pronto en galicia se pechamos o acordo co Concello de Vigo. 

Te puede interesar