ENTREVISTA

“A miña máxima é influír en positivo na democracia"

Eladio Jardón foi galardoado como "consultor revelación" nos Premios Victory Awards polo traballo na campaña "Creo en Ourense" para levar Manuel Baltar á presidencia da Deputación

Case non me deixan sacar o trofeo dos Estados Unidos porque dicían que podía ser emprega- do coma un arma", bromea o consultor ourensán Eladio Jardón, que foi galardoado como "consultor revelación" o pasado día 6 na gala de entrega dos Premios Victory Awards. Jardón recolleu en Washington o seu premio polo traballo na campaña "Creo en Ourense", que encumbrou a Manuel Baltar á presidencia da Deputación nos pasados comicios municipais. Natural do concello limián de Baltar, recíbenos no conce- llo onde o alcalde, José Antonio Feijóo o espera para recoñecer a súa fazaña.

Cales son as sensacións logo de recibir o premio?
Alí estaba o mellor da comunicación política mundial. Algúns foran os meus profesores e eu víaos coma uns referentes. Na cea de gala estaba xente que mesmo participou na campaña de Obama. Foi incríble con- seguir a estatuíña

Está gañando peso a comunicación política en Galicia?
Eu creo que si. Vemos casos como o da campaña de Manuel Baltar, na que se innovou, por exemplo. En xeral vanse matando moscas a cañonazos. Segundo pasan as cousas vaise pedindo axuda. Aínda falta moita estratexia política. Vemos que a falta dun mes para as eleccións a maioría dos candidatos aínda acaban de saír. Alguns partidos non cren na importancia da comunicación política.

Como nace a campaña “Creo en Ourense"?

O lema responde ao sentimento dunha poboación e ao traballo dun líder como Manuel Baltar, que soubo entender o binomio do "creo" (nome e verbo). Pero nós queriamos vender a marca Ourense polo mundo adiante e tiñamos que facerllo ver á xente. Moitas veces cometemos o erro de contratar a moitos publicistas pero sen investigación. E sobre esa investigación é sobre a que podemos facer grandes slogans.

Que supón gañar un Victory Award e que proxectos tes para o futuro?

É unha grande ilusión ter esta estatuíña. Competiamos 140 aspirantes a consultor revelación, e deses quedamos cinco, entre os que había altísimo nivel. Un dos nomeados estalle levando a campaña a Leopoldo López. Agora estamos traballando en moitos países de Latinoamérica e o noso principal obxectivo é seguir influíndo positivamente na democracia, en todo o mundo. Esa é a miña máxima.

Te puede interesar