ENTREVISTA

Xulio Fontes: “Moitas historias de 
Galicia, sobre todo 
no rural, son iguais"

xuliofontes
photo_camera Xulio Fontes na presentación do libro fai uns meses en Vigo.

O artista que reside habitualmente na cidade de Vigo foi o autor do Parque Temático dos postes no pobo de Leirado, no seu concello natal de Quintela de Leirado

A sede da Fundación Curros Enríquez en Celanova acollerá o vindeiro martes, 4 de agosto ás 19,30 horas, a presentación do último libro do pintor e escritor Xulio Fontes. O traballo reflexa, combinando textos e cadros, reivindicacións sociais e as vivencias do artista de Quintela de Leirado.

Qué é Mundo Onírico?

O libro xurdiu da necesidade de querer facer un resumen dunha etapa da miña pintura, recollendo denuncias sobre feitos sociais que me marcaron e vivencias da infancia do mundo onde nacín: Quintela de Leirado. Trátase dunha publicación que plasma 23 cadros meus, 23 historias por dicilo dalgunha maneira, e sobre cada un fixen unha breve explicación sobre o que trato de representar ou o motivo que me levou a pintalo. A maiores, hai un texto dun escritor galego. Amigos que se sumaron a este proxecto.

Esta colaboración con outros artistas permitiuche coñecer ou ver outros aspectos da túa obra?

Pois a verdade e que si. Sorprendéronme os textos e, gustoume especialmente un comentario dun amigo que me dixo que, ao ver o libro, estivo revivindo a súa infancia. Porque moitas historias de Galicia, sobre todo no rural, son iguais e as circunstancias, dentro desa época, viñan sendo as mesmas.

A que se refire?

Cuestións cotiás como a tradición do porco de San Antón que andaba libre polos pobos, o contrabando a través da raia que en Quintela de Leirado chamábase "Arramboia" ou a falsidade dunha persoa fascista que, coa súa actuación, deu lugar o asasinato dun veciño en Madrid. Toda esa memoria vai desaparecer.

Por iso este libro é unha dobre satisfacción, xa non só pola propia edición, senón porque poida ser aproveitada polos lectores. Gustaríame que o libro este nas bibliotecas de Quintela de Leirado e Celanova, para que a xente moza soupera das historias de 50 anos atrás e os vellos, puidesen revivilas.

Pódese intuír que Quintela estará moi presente no libro

Si, ao 100% porque é onde eu nacín. Vivín pouco tempo, pero onde naces sempre tes as túas raíces.

Como se define como artista?

Eu non son unha persoa que non aguanta estar sempre na mesma liña. Hai que evolucionar. Agora mesmo acabo de pechar unha etapa de creacións de palés de madeira, pero tamén traballei sobre pedra.... Gústame cambiar.

Te puede interesar