Os monxes volven ao monasteiro de Oseira tras ser evacuados

636438543905751826w
photo_camera El cementerio de la iglesia San Cristovo de Cea del pueblo de A Ventela (Ourense), ante el paisaje calcinado por los incendios forestales.

O alcalde da localidade José Luís Valladares explicou que "todo ao redor do monasterio ardeu, pero non houbo danos materiais"

Os 14 monxes do mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, volverán na tarde deste martes tras ser evacuados o domingo ao convento de Ferreira de Pantón debido á vaga de incendios que afectou o municipio ourensán.

Diso informou o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luís Valladares, quen, en declaracións explica que "todo ao redor" do mosteiro ardeu, pero non houbo que lamentar danos materiais.

O traslado dos monxes decidiuse, segundo explicou o rexedor, posto que os lumes xeraron moito fume que se concentrou en Oseira debido á zona baixa na que se sitúa o mosteiro.

A provincia ourensá foi unha das máis afectadas pola onda de lumes xunto á de Pontevedra. Ademais, leva rexistrando incendios desde as últimas semanas en zonas como o parque natural do Xurés e o Macizo Central.

Te puede interesar