CELEBRACIÓN - MÚSICA

Coral De Ruada honra os seus 100 anos de historia

Os festexos deron comezo o pasado 5 de outubro -data da fundación da agrupación en 1918- e durarán ata o próximo 24 de xuño -día do seu primeiro concerto en 1919-

Cen anos non se cumpren todos os días. A Coral De Ruada presentou onte, nun acto no Marcos Valcárcel, a programación da celebración do seu centenario, cunha ampla variedade de actividades que inclúe concertos, conferencias, proxeccións, publicacións ou charlas, entre outros eventos.  Os festexos deron comezo o pasado 5 de outubro -data da fundación da agrupación en 1918- e durarán ata o próximo 24 de xuño -día do seu primeiro concerto en 1919-. "Esta institución, gran embaixadora cultural e musical de Ourense, mantén a vixencia do seu espírito fundacional", comentou Manuel Baltar, presidente da Deputación, durante a presentación da programación. "Esperamos que siga alumeando 100 anos máis", engadiu Baltar. Pola súa parte, Samuel Lago, presidente da Coral De Ruada, quixo agradecer ás institucións, aos directivos, aos coristas e aos amigos, o apoio e a confianza depositados dende a fundación da agrupación. "Sen o Miño Ourense non sería Ourense e tampouco sen a Coral de Ruada", salientou. Emilio Rodríguez, vicepresidente, encargouse de salientar varios dos eventos, como son a presentación da placa conmemorativa da fundación, en Villa Joaquina, o chalé onde naceu a agrupación, ou o disco adicado ao Mestre Vide, que se presentará en marzo.

Te puede interesar