EN PORTADA | VIDA

O mundo das verbas de Cristin Ferro

LEIRO (BARRO). 14/12/2017. OURENSE. Cristina Ferro, escritora y blogger, posa para el suplemento de La Región, VIDA, con su último libro "Atracción física o química". FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Cristin Ferro

Cristin Ferro escribe e le todos os días, e non pode imaxinar non facelo. Con cinco libros publicados e un blog onde comenta e reseña obras de literatura diariamente, aínda lle queda corda para rato

Non é unha paixón, é moito máis, unha forma de estar no mundo, de botar fóra as emocións e quedarse en paz por dentro. Cristin Ferro escribe e le todos os días, e non pode imaxinar non facelo. Con cinco libros publicados e un blog onde comenta e reseña obras de literatura diariamente, aínda lle queda corda para rato. En marzo chega a súa nova novela, que versará sobre a enfermidade e os cambios que implica na vida dos máis próximos. 

Por que esa necesidade de contar historias?

Non é unha necesidade, é un desafogo. Cando me agobio, cando estou tensa, preocupada, escribir é o que me permite desquitarme. Se teño un mal día, aos protagonistas pásanlle cousas malas, se o teño bó, pois boas. 

Qué é o que máis lle inspira para escribir?

Nada. Eu son unha persoa que cando me sento a escribir, escribo. Dame o mesmo que chova, que faga un solazo, que esté enferma ou non. Non importa, escribo. Teño momentos de inspiración nos que preciso anotar nese mesmo momento o que se me ocorre, iso sí. 

Ten algún momento do día específico para escribir?

As mañás, sen dúbida. Rindo moito máis; se me sento a escribir polas mañás produzo moito. Logo pola tarde xa parece que a cousa decae e as noites son para ler. 

Cal é o tema principal das súas narracións?

Escribindo romántica, o tema principal debería ser o amor, pero non o é. Teño falado de relacións familiares, amizade, corrupción, iLEIRO (BARRO). 14/12/2017. OURENSE. Cristina Ferro, escritora y blogger, posa para el suplemento de La Región, VIDA, con su último libro nvestigación e temas máis delicados coma a enfermedade ou o maltrato. Non me gusta escribir sempre sobre o mesmo, a verdade.

O seu segundo libro é unha creación compartida, como é traballar con outro escritor?

É súper divertido, porque durante o proceso nunca sei o que me vai volver. Estamos facendo agora a segunda parte, e gústame moito. A outra autora, Jane Reyals, pódelle dar a volta a todo o que eu escribo cando me devolve o arquivo. Sí que temos un esquema feito cos sucesos, pero ás veces hai sorpresas polo camiño. Precisas moita confianza coa outra persoa para poder conversar sobre cousas que non se axustan para ti, e tedes que complementarvos moi ben. Eu e Jane xa nos coñecíamos e é moi sinxelo traballar con ella. Jane leva a unha protagonista e eu á outra, cada capítulo é narrado por unha a medida que avanza a historia. É curioso, porque a súa protagonista parécese moito a ela, e a miña a min. 

Algún dos seus personaxes lle caeu mal nalgún momento?

Claro que sí! No último libro, "Atracción física o química", o protagonista chámase Marc. Eu odio a Marc, detéstoo. Cando escribín o final estábame retorcendo porque non quería escribilo, pero era consciente de que a historia tiña que ser así. Ao final é coma se foran amigos ou da familia, pero con Marc non podía. En todos os libros hai alguén a quen mataría.

 As súas obras teñen "trailers" coma as películas, e iso?

É algo moi común. Dedícome tamén a facelos para outros autores. Sempre hai alguén co que identificas a cada personaxe, e é unha forma de publicitarse moito máis cómodo.

Cando nace a idea do seu blog de reseñas?

Fai dous anos, e nace do meu interés pola lectura. Tiñamos un grupo de Facebook no que comentábamos e recomendábamos libros. Aí dixéronme que por que non me facía un blog, e fixémolo. O blog sorprendeume moito, porque xa ten sete mil seguidores. Para reseñar, sempre leo o que eu quero, e fágoo con respeto, deixando claro que é a miña opinión. 

Te puede interesar