METEOROLOGÍA

A neve obliga a extremar a precaución nas carreteiras ourensás

FotoJet Collage
photo_camera Imágenes de la Estación de Montaña de Manzaneda.

Recoméndase circular con precaución no Alto da Portela (OU-121), O Barco de Valdeorras-Prada, Sobredelo-límite provincia de Zamora; no Alto do Casaio; estrada Ourense-A Pobra de Trives; e no Alto do Rodicio

A Xunta de Galicia chama a extremar a precaución nas estradas ante a alerta laranxa por neve na Comunidade galega para as xornadas deste mércores e xoves.

Segundo os últimos datos da Axencia Galega de Infraestruturas facilitados antes do mediodía, as estradas autonómicas do catro provincias están abertas.

Na provincia de Lugo, na zona norte, levouse a cabo a retirada de neve e o esparexemento de fundentes en varias estradas do municipio da Fonsagrada. Nesas vías traballaron oito equipos quitaneves e o consumo de fundentes foi de 28 toneladas de sal e 10.000 litros de salmuera.

Na zona sur da provincia luguesa, realizáronse traballos de retirada de neve e o esparexemento curativo de fundentes nas estradas de Pedrafita a Palas de Rei e na que une Quiroga e Seoane do Courel. Neste caso mobilizáronse catro equipos quitaneves e o consumo de fundentes foi de 20 toneladas de sal e 5.000 litros de salmuera.

Ourense

Na provincia de Ourense recoméndase circular con precaución no Alto da Portela (OU-121), O Barco de Valdeorras-Prada, Sobredelo-límite provincia de Zamora; no Alto do Casaio; estrada Ourense-A Pobra de Trives; e no Alto do Rodicio.

O dispositivo de vialidade invernal da Xunta dispuxo dous equipos quitaneves e o consumo de fundentes foi de seis toneladas de sal neste caso. Ademáis, dende a Estación de Montaña de Manzaneda vense optimistas para a apertura de pistas durante a fin de semana debido as primeiras nevadas da primavera.

Te puede interesar