ENTREVISTA

José Manuel García: "No rural non se limpa coa frecuencia semanal que rexistra o contrato"

photo_camera José Manuel García, secretario da agrupación vecinal Miño.

O Regulamento de Participación Ciudadá recolle que unha agrupación ou federación con máis de 2.000 socios pode rexistrar iniciativas ante unha corporación municipal.

O Regulamento de Participación Ciudadá recolle que unha agrupación ou federación con máis de 2.000 socios pode rexistrar iniciativas ante unha corporación municipal. A agrupación de asociacións de veciños Miño presentou no pleno municipal, o pasado día 10 de abril, unha iniciativa relativa á limpeza das vías públicas dos núcleos urbanos periféricos e rurais do Concello de Ourense. La moción fue aprobada por los concejales de todos los grupos polítcos representados, excepto los dos de Democracia Ourensana.

Que reclaman coa iniciativa?
O que perseguimos, principalmente, é o cumprimento do contrato que o Concello firmou xa hai anos coa unión temporal de empresas (UTE) Ecourense. A última renovación do servicio, que se fixo no 2009, e por primeira vez dende que se privatizou o servizo, o prego de cláusulas técnicas recolle a limpeza viaria dos núcleos do rural. É máis, na cláusula 31 recóllense varios niveis de limpeza semanal, correspondéndolle a estas zonas o "nivel de limpeza III", que consiste en dous varridos manuais, un varrido mecánico de beirarrúas e outro de calzadas, un varrido de mantemento e un baldeo mecánico. A denuncia que facemos é que ata o ano 2014 non comezaron a dar servicio, e para iso non de forma xeral en tódolos núcleos nin coa frecuencia semanal que esixe o correspondente nivel de limpeza.

Afecta o problema a todos os núcleos?
Si. Sen excepcións. Aínda que hai núcleos que se ven máis afectados que outros. Hai veciños que non saben nin como son nin como funcionan as máquinas que nos teñen que vir limpar as rúas. No meu caso, que vivo nas Curuxeiras, algunha vez teño visto as furgonetas que mandan para a execución das tarefas, pero nunca as vin parar, pasan de longo pola rúa.

Pero non afecta ó centro de Ourense...
Non. Nós debemos ser os malos da película. Andamos sempre mendigando que veñan limpar. Este sábado celebramos o "Día do socio de Miño" e tiven que poñerme en contacto co Concello para pedir que nos viñeran limpar. A cousa é que non o temos que pedir nós polo feito de ter un acto, son eles os que teñen que cumprir coas cláusulas do contrato. Entendemos que os operarios non teñen que ter a constancia coa que traballan na rúa do Paseo, pero tres, ou incluso dúas veces por semana si que é necesario.

A empresa fala de desactualización das planificacións anuais.
O único que sabemos é que hai un contrato e que por un motivo ou por outro non se cumpre.

Obtívose algunha resposta por parte do Concello?
Temos presentado moitos escritos e queixas e tido reunións coa alcaldía antes de ter falado no último pleno. A única resposta que tivemos foi que se lles impoñen sancións á empresa, que mirarán a ver si se lles paga ou que se lles descontan os traballos que non realizan e esas medidas non repercuten no noso benestar porque tanto as sancións coma os descontos non reverten na falta de limpeza no rural, todo ese diñeiro vai parar ó remanente.

Hai optimismo?
Sinceramente, non. O pouco que din dino en periodo electoral, é dicir, todo é unha patada ó aire. Chegará un momento no que teremos que tomar medidas máis drásticas como cortar rúas para que se nos escoite, o que me parecería ridículo vivindo nunha democracia.





 

Te puede interesar