ENTREVISTA | VIDA

No torreiro da festa, na punta do pé

21.08.16.ALLARIZ.PORTADA A GRUPO PESEDELAN.

Xerardo Quintela é o ourensán membro de Pesdelán, un grupo que é moito máis que mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espíritu participativo das festas, que todos se animen a formar parte da celebración.

Pesdelán xurdiu no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal. O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido.  E, nas súas filas, contan con Xerardo Quintela, un ourensán que comenzou a estudar música con 8 anos en Ourense.

Tras rematar o Grao Profesional de Acordeón en Vigo, tocou como músico en grupos como Coanhadeira ou Leilía. Agora forma parte de Pesdelán, un grupo que presenta unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade: substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben. "Na punta do pé" é o título do seu primeiro traballo. Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.

21.08.16.ALLARIZ.PORTADA A GRUPO PESEDELAN.Como ten sido a evolución de Pesdelán desde os seus inicios?

Pesdelán xurde por unha posta de Montse Rivera e Mercesdes Prieto, que vían a necesidade de crear en Galicia unha formación cuxo obxectivo principal fora o ensino da danza e poñer a todo o mundo a bailar. Nestes anos publicamos o primeiro traballo "Na Punta do Pè", que tivo unha grande acollida. Agora estamos inmersos na grabación do segundo, que levará por título "Entroidanzas". Ao longo deste tempo, o concepto da banda non cambiou, aínda que si o fixeron os seus integrantes.  

Cal é a vosa proposta para o público? 

Pesdelán propón un lecer diferente ao redor do baile e para todos os públicos. Pesdelán ten un obxectivo moi claro: que o público baile! Unha das integrantes do grupo anima a seguir os seus pasos, explica de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos unirnos á festa. Acompáñana un grupo de grandes músicos e músicas que interpretan as melodías para podelas bailar. O tempo pasá sen darse conta mentres todos, público e nós mesmos, gozamos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile.

Que vedes na xente dende o escenario? 

Vemos xente de todalas idades gozando da musica e do baile dun xeito participativo e desenfadado.

A animación a que o público baile e participe é unha das vosas premisas.21.08.16.ALLARIZ.PORTADA A GRUPO PESEDELAN.

É o sentido de Pesdelán. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, Pesdelán pretende recuperar o espíritu participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia.

Cal credes que é o segredo de que guste o que ofrecedes nas vosas actuacións? 

Que o público é o protagonista dos espectáculos. 

Cales son os vosos próximos proxectos?

A máis de rematar cos concertos de verán, en outono lanzaremos o noso segundo traballo "Entroidanzas", unha aposta polas danzas de Entroido.

Te puede interesar