CON BASTÓN DE MANDO

Alfonso Villarino: "A nosa ubicación fai que gañemos poboación'

oimbra1_result
photo_camera Alfonso Villarino apura os seus últimos días á fronte da alcaldía.

Alfonso Villarino Rodríguez chegou á alcaldía de Oímbra nas primeiras eleccións democráticas, no ano 1979, e aínda que a idade lle pide un cambio, o corpo non.

Alfonso Villarino Rodríguez chegou á alcaldía de Oímbra nas primeiras eleccións democráticas, no ano 1979, e aínda que a idade lle pide un cambio, o corpo non. Pese a que non será o cabeza de lista do Partido Popular, o cartel o liderará a súa filla e concelleira dende o ano 2003 Ana María Villarino Pardo, advirte de que irá na candidatura popular para revalidar a maioría.

Non se arrepinte de non encabezar a lista polo Partido Popular para as vindeiras eleccións?

Levo na política dende fai moitos anos e gústame, pero son consciente de que a idade é a que manda. Por eso vou ir na lista e espero formar parte da vindeira Corporación, non na primeira fila, pero si nos postos de saída.

Cales foron os cambios máis significativos do municipio?

Dende a miña chegada a alcaldía, Oímbra cambiou totalmente. No eido das comunicacións, nos servizos sanitarios e tamén na educación. Pero nestes últimos catro anos, é un orgullo poder falar da apertura da escola infantil, o centro de día, as melloras que fixemos nas estradas, as piscinas e tamén o pabellón, centro da actividade deportiva municipal.

Económicamente, cal é a situación do Concello?

Tengo que dicir que boa. Nos últimos dous anos non debemos nada a ninguén. O ano pasado tivemos un superávit de 150.000 euros e este ano de 70.000 euros. E iso ofertando os mellores servizos aos nosos veciños.

Cales son as potencialidades do Concello?

A agricultura, o viño, a horta, o fomento da producción de castaña e tamén algo de gandeiría. Tamén temos unha pequena industria que nos gustaría potenciar. Este é un Concello que non está decrecendo, ao contrario, lentamente ano a ano gañamos poboación (2.020 habitantes según INE) e eso é, en parte, pola nosa situación xeográfica a 30 minutos de Ourense e unha hora e quince minutos de Vigo ou Santiago de Compostela. Eso é o que nos está sostendo.

Supoño que ver aos concellos veciños do rural perdendo poboación manteraos en alerta

Loxicamente. Por eso baseamos a nosa política municipal na posta en marcha e mantemento dos servizos, para poder manter poboación. Temos unha escola infantil con 21 nenos e lista de espera, no grupo escolar contamos con 60 escolares e creo que xa hai 8 ou 10 nenos matriculados para o ano que ven. Outra satisfacción foi, como dixen antes, a apertura do centro de día, o único centro público da comarca. Queremos que a xente viva en Oímbra con tódolos servizos dunha cidade.

Que lle diría aos mozos que marchan do rural para que fixen a súa mirada en Oímbra?

Eu lles diría que se impliquen máis nas potencialidades do Concello: a agricultura é unha baza importante para poder levar a cabo proxectos de futuro no municipio e penso que se deben implicar no fomento da actividade, tanto traballando por conta allea como liderando proxectos de futuro que impliquen creación de emprego.

Que opinión lle merece a fusión de concellos?

Non ten ningún sentido, dende o meu punto de vista. Todos estamos de acordo en fusionar os servizos. Nós estamos nunha mancomunidade con sete concellos que xestionamos de xeito conxunto diferentes servizos. Pero fusionar os concellos sería privar aos veciños dun servizo tan cercano, directo e ademáis tan barato.

Cales serán os obxectivos cos que se presenta o PP as eleccións?

Centraremos os nosos esforzos en crear postos de traballo e chan industrial, que permita mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e asentar poboación. Sen esquecer os servizos sociais, porque temos unha masa importante de poboación maior que non queremos que vexan minguadas as súas condicións.

Te puede interesar