ENTREVISTA

"Os nosos contos falan do respeto aos demais e ao medio ambiente"

Durante o mes de novembro, sairá á venta o sexto exemplar de Naturizo

Javier Domínguez (Vilar de Barrio, 1984) e Alba De Evan (Vigo, 1987) traballaban xuntos no mesmo colexio cando decidiron probar sorte e crear un conto distinto, en galego e ambientado en Galicia, para os seus alumnos. Trala boa acollida dos pequenos, apostaron por seguir adiante co proxecto. Durante o mes de novembro, sairá á venta o sexto exemplar de Naturizo. 

Por que escriben contos en galego e ambientados en Galicia?

Javier Domínguez: En primeiro lugar, para fomentar o noso idioma, que cada vez cae máis no desuso entre os nenos. 

Alba de Evan: Tamén queremos concienciar aos rapaces sobre a importancia do rural, cada vez máis descuidado.

Que valores divulgan as súas creacións?

J.D.: O valor da amizade, de apoiarse uns nos outros, o coidado da natureza e e tamén o  das mascotas.

A.D.E.: A solidaridade é moi importante, así como o respeto aos demais e ao medio ambiente.

Naturizo tamén amosa o patrimonio paisaxístico galego.

J.D.: Si, as aventuras suceden na Serra de San Mamede e en outras zonas de Galicia como Ourense cidade ou o río Mao. Os pequenos poden coñecer os diferentes lugares porque empregamos fotos reais dos espacios, logo editadas, sobre as que se fan as ilustracións dos personaxes.

Cales son os protagonistas das historias?

J.D.: O erizo Naturizo, Amelia a raposa, Sil o xabaril e, xa neste último, o cadelo Marmelo. Ademais deles, ao redor hai máis personaxes.

A.D.E.: Tamén buscamos que nas historias haxa personaxes femeninos fortes, como a loba ou a raposa, porque normalmente o protagonismo sempre o levan os caracteres masculinos. 

E os temas?

J.D.: Nos primeiros catro falamos das estacións, porque o primeiro conto falaba do otoño.

A.D.E.: O último conta a historia dun cadelo, Marmelo, que aparece abandonado e que precisa unha familia de acollida que o coide. 

Imaxinaban a boa acollida de Naturizo e os seus amigos por parte do público infantil?

J.D.: A verdade é que non, porque nun principio era simplemente un proxecto escolar. Pillounos por sorpresa! 

Que comentan os lectores?

A.D.E.: Gústanlles moito os personaxes e reflexionan sobre temas como a contaminación. 

Te puede interesar