área metropolitana

O núcleo de Penedo terá unha nova beirarrúa

O Concello de San Cibrao ten reservada unha partida de 70.000 euros para acometer a devandita obra

O Concello de San Cibrao das Viñas ten un proxecto en camiño para a construción de beirarrúas  na marxe esquerda da estrada que comunica os núcleos de Penedo e Vilanova. Trátase dun treito de 200 metros de lonxitude  e un ancho de 1,80 metros, que facilitará a comunicación a pé entre as localidades veciñas. 

 Na actualidade, existe unha beirarrúa na marxe dereita deste tramo, pero o problema é que  nesa marxe existen numerosas vivendas unifamiliares que dispoñen de cerre frontal da parcela que linda coa parte posterior da beirarrúa.Pola marxe esquerda existen dúas vivendas unifamiliares que dispoñen de cerreno frontal da parcela. 

Unha vez que remate o periodo de exposición público e sexa adxudicada a obra, o prazo para a súa execución é de catro meses, aínda que pode variar nos pregos. 

O Concello de San Cibrao ten reservada unha partida de 70.000 euros para acometer a devandita obra.

Para a execución das beirarrúas retranquearanse os muros existentes ata unha distancia de seis metros, construiranse muros de contención para a suxeción das terras, xa que o terreo colindante atópase a unha cota inferior á da rúa case na súa totalidade. Asemade, colocarase un colector de pluviais que desaugará a un regato existente con tubería de polipropileno.


Outras obras


Non é a única obra prevista en San Cibrao. O Concello tamén vén de publicar a adxudicación da obra de canalización das augas pluviais e un paseo na estrada que vai de Currás a Rante, cuxo custe rondará os 100.000 euros.  A execución desta obra terá un prazo de tres meses. 

Por último, o Concello vén de adxudicar tamén outra importante obra de mellora nas infraestruturas, neste caso no núcleo de Soutopenedo. Acometerase a construción de beirarrúas na rúa da Serra deste núcleo, que tamén terá que estar listo nun prazo máximo de tres meses. 

Te puede interesar