CONVENIO

Programa da Deputación para rehabilitar vivendas baleiras

Los concellos de Oímbra y A Veiga firmaron un convenio con la Diputación de Ourense para llevar a cabo el programa 'Revivenda'

Programa da Deputación para rehabilitar vivendas baleiras

A Deputación puxo en marcha o programa "Revivenda", unha iniciativa que ten  omo obxectivo "dinamizar o rural, fixar poboación e atraer a familias, poñendo en valor os territorios rurais da provincia". Así o resaltou o presidente do organismo provincial, Manuel Baltar, trala sinatura dun convenio co alcalde de A Veiga, Juan Anta, e coa alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, co fin de desenvolver este programa, pioneiro en Galicia, para recuperar vivendas baleiras no rural destinadas a aluguer.

O programa desenvolverase nos concellos da Veiga e Oímbra, que realizarán as xestións técnicas e administrativas para remodelar vellas vivendas para alugar e atender aos solicitantes. Manuel Baltar, quen xa anunciara no pasado Debate do Estado da Provincia a creación deste programa, destacou o dinamismo que amosan estes dous concellos por potenciar o rural, "o cal se reflicte neste programa".

A Deputación de Ourense achega un total de 200.000 euros (100.000 para cada concello), e os concellos, 10.000 euros cada un. Tanto A Veiga como Oímbra contarán coas respectivas ordenanzas municipais para a creación e regulación deste programa de vivendas baleiras en  condicións de habitabilidade e sempre cun prezo módico, que incentiven o arrendamento de inmobles que anteriormente se atopaban en condicións non idóneas para o seu uso.

Deputación e concellos ven oportuno impulsar unha acción como esta, para evitar o despoboamento e envellecemento, que fomente unha mellora na calidade de vida no medio rural como premisa ineludible para o crecemento demográfico.