SANIDADE

Cirurxía en directo para adquirir os mellores coñecementos

Cirurxáns e especialistas en formación de toda Galicia presenciaron tres intervencións empregando na II Xornada de Cirurxía Esofagogástrica en Directo

Cirurxía en directo para adquirir os mellores coñecementos

Este xoves tivo lugar a II Xornada de Cirurxía Esofagogástrica en Directo no Hospital Universitario de Ourense, onde cirurxáns e especialistas en formación de toda Galicia presenciaron tres intervencións realizadas empregando as últimas técnicas neste campo, por parte de profesionais de recoñecido prestixio internacional.

Este tipo de operacións, en relación coa cirurxía tradicional, reducen o risco de complicacións e acurtan o tempo de recuperación. Na actualidade, no CHUO realízanse entre 30 e 40 intervencións deste tipo