LOITA CONTRA O NARCOTRÁFICO

Operación Falla: a Policía "desactiva unha vía de entrada de cocaína"

Os corpos de policía destacan que as incautacións feitas en Ourense e Vilagarcía de Arousa supoñen "un duro golpe" para unha organización internacional 

A Axencia Tributaria xunto á Policía Nacional, a Policía Judiciaria de Portugal e a Policía Nacional do Ecuador abortaron a apertura dunha "vía de entrada" de cocaína a través do porto portugués de Leixões, que consideran "desactivada", mediante unha operación contra o narcotráfico que se saldou con oito detidos en Galicia.

Segundo informou a Axencia Tributaria, oito persoas de nacionalidades españolas, ecuatorianas e colombianas foron detidas nesta operación. Ademais, realizáronse diferentes rexistros en Madrid e nas localidades galegas de Vilagarcía de Arousa e San Cibrao das Viñas (Ourense).

No mes de abril do ano pasado a Policía Nacional detectou a celebración de diversas reunións en Ourense entre un industrial da froita, un coñecido narcotraficante da localidade pontevedresa de Vilagarcía e o representante dunha oficina colombiana asentada en Madrid e que pretendía abrir unha vía de entrada a través dalgún dos portos galegos.

Neses encontros, relataron as mesmas fontes, iniciaron os trámites legais para que a droga puidese chegar a España oculta nunha mercadoría legal de bananas que adquirira outro dos implicados.

As investigacións policiais revelaron que esa mercadoría procedente de Guayaquil (Ecuador) chegaría o 16 de xaneiro ao Porto de Leixões, no Porto.

Por esta razón, instouse o Departamento de Aduanas e II.EE. da Axencia Tributaria e á Policía Judiciaria de Portugal a que realizasen as xestións, consultas e controles pertinentes para determinar a contaminación da mercadoría legal importada.

Operación Falla Frutas Mavaz

Te puede interesar