DATOS INE

Ourense rexistrou 37.250 altas médicas no 2013, por riba de Lugo

O total de altas hospitalarias rexistradas na Comunidade galega, segundo a enquisa do INE, o 78 % correspondeu a hospitais públicos e o 22 % a centros privados.

No 2013 rexistráronse 290.460 altas hospitalarias en Galicia, das cales 141.709 corresponderon a homes e 148.751 a mulleres, segundo datos do Instituto Nacional de Estadística. Del total, 125.008 corresponderon á provincia da Coruña; 93.631 á de Pontevedra; 37.250 á de Ourense e 34.571 á de Lugo.

Ademais, do total de altas hospitalarias rexistradas na Comunidade galega, segundo a enquisa do INE, o 78 % correspondeu a hospitais públicos e o 22 % a centros privados.

A principal causa de hospitalización en 2013 foron as enfer- midades circulatorias (13,3% do total ) seguida do grupo de enfermidades do aparato dixestivo (12,2%) e do aparato respiratorio (10,9%).

Por outra banda, Galicia sitúase entre as comunidades autónomas españolas cunha hospitalización media máis prolongada, de 7,25 días, por enriba da media nacional de 6,64, segundo datos da Enquisa de Morbilidad Hospitalaria 2013 publicados onte polo INE.

Non obstante, no caso concreto de Galicia, a estanza media de hospitalización reduciuse con respecto a 2012, cando era de 7,41 días, mentres que hai unha década se situaba en 8,61 na Comunidade galega.

En canto á taxa de morbilidade -altas por 100.000 habitantes-, Galicia está en 10.550, situándose en décimo lugar en España.

Te puede interesar