Ourense terá 180 puntos de 
vacinación contra a gripe

Sanidade conta na provincia de Ourense con 180 puntos de vacinación contra a gripe, dentro dunha campaña que prolongarase ata o vindeiro 20 de decembro. Son algúns dos datos dados a coñecer polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, que estivo acompañado pola xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, María Villar, e a subdirectora de Procesos de Enfermería da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras do Sergas, Montserrat Souto, na presentación da campaña.

Utilizaranse dous tipos de vacina: o primeiro para as persoas de 60 a 74 anos non institucionalizadas e as menores de 60 anos pertencentes aos grupos de risco; e o segundo para a poboación maior de 74 anos ou de 65 ou máis anos que vivan en residencias. Ambas son moi seguras e as reaccións que poden producir adoitan ser lixeiras e pasaxeiras. Como novidade, aínda que afecta a moi pouca xente, haberá tamén unha vacina específica para as persoas con alerxia severa ao ovo.

Te puede interesar