Parada de Sil homenaxea ao escritor Emilio Araúxo polo seu labor cultural

A Coral de Vellos Amigos de Manuel de Dios amenizou o acto institucionalParada de Sil homenaxea ao escritor Emilio Araúxo polo seu labor cultural
 

Francisco Magide, Lalo Pavón, Manuel Doval, Emilio Araúxo, Yolanda Jácome y Aquilino Dominguez.
Francisco Magide, Lalo Pavón, Manuel Doval, Emilio Araúxo, Yolanda Jácome y Aquilino Dominguez.
Parada de Sil homenaxea ao escritor Emilio Araúxo polo seu labor cultural

Parada de Sil acolleu unha homenaxeou na mañán de onte ó filósofo, escritor, fotógrafo, editor, etnógrafo e tradutor Emilio Araúxo, pola súa aportación ao acervo cultural e pola súa contribución a espallar o nome de Parada de Sil a través da sua obra poética. Araúxo posúe, ademáis, un "poemuseo" feito por el mesmo no que reúne pezas vencelladas ó mundo rural e particularmente á labranza, coma un recoñecemento "ás xentes que se foron" e "facendo de ponte cos que ainda non naceron", segundo referiu na sua intervención no salón de actos do concello de Parada. 

O profesor Araúxo aproveitou esta celebración para render a súa propia homenaxe a María Victoria Moreno, a quen este ano estivo adicado o Día das Letras.

A xornada estivo presidida pola alcaldesa do municipio, Yolanda Jácome, quen agradeceu a implicación popular nunha actividade tan sinalada para o concello como a que tivo lugar onte, así como destacou a xenerosidade do homenaxeado, que prestou fotografías da sua autoría para facer unha exposición que xa se atopa colgada na Casa Consistorial. A música correu a cargo da Coral dos Vellos Amigos de Manuel de Dios, que participou neste evento baixo a batuta de Juan Feijóo, como xa é habitual dende hai anos.

Rematado o acto institucional no Concello, as autoridades, os asistentes e o propio homenaxeado trasladáronse á sua casa, ubicada en Sacardebois, onde ten instalado o museo etnográfico, para colocar unha placa na fachada, lembrando a efeméride.n