recoñecemento

Parada de Sil homenaxea mañá ás castañas e aos produtos locais

A localidade de Purdeos acollerá, a partir das 11,30 horas, a sexta edición da festa da pisa 

O Concello de Parada de Sil organiza para mañá unha xornada adicada a homenaxear a un dos produtos estrela do Concello, a castaña. A localidade de Purdeos acollerá, a partir das 11,30 horas, a Festa da Pisa das castañas, que chega a súa sexta edición e na que se reproduce a preparación tradicional das castañas secas, que require dun laborioso sistema de cribado e que será reproducido polos máis vellos do lugar, nunha técnica milenaria que se está a  que estivo perdida durante moitos anos e que se está a recuperar.

Simultáneamente, Purdeos acollerá tamén unha Feira de Produtos Locais, na que se comercializarán produtos típicos da zona, como viños, cervexas, marmeladas, queixo, pan, bicas e outros máis. Este ano, como novidade, tamén estará á venda o chocolate da Casa Museo do Chocolate de Teimende, que ata o dagora se despacha no propio recinto que ocupa a antiga casa e a fábrica da familia Casares, donada no seu día ao Concello, que a rehabilitou e a puxo en funcionamento.

A xornada rematará coa celebración do Xantar Popular da Castaña, que ofrecerá a tódalas persoas que desexen participar no mesmo un menú a base de empanada, ragú de tenreira con castañas, biscoito de castañas, pan, bebida e café, cun custo de 15 euros por cuberto.

Te puede interesar