RESTAURACIÓN

Parada de Sil restaura o Belén xigante de José María Campo

Parada_result
photo_camera Aspecto do Belén xigante.

Os traballos de restauración tiveron un custo de 40.000 euros e prolongáronse durante catro meses

O Concello de Parada de Sil, coa colaboración da Deputación, acometeu a restauración do Belén xigante realizado polo artesán local José María Campo Herrero. O Belén está elaborado con diversos materiais, desde barro sen cocer a cartón, madeira de caixas de froita, plásticos, tellas, metais e outros. O mal estado da capela no que se encontraba, co tellado moi deteriorado, polo que filtraba a auga e a humidade, facilitou a pudrición de madeiras e demais materiais orgánicos, polo que a presenza de fungos era común en tódalas pezas.

Os traballos de restauración tiveron un custo de 40.000 euros, prolongáronse durante catro meses e estiveron implicados nos mesmos varios restauradores, dirixidos por Gonzalo Buceta e Carmen Feito. Levouse a cabo a consolidación das figuras nun proceso que comezou coa súa limpeza das, eliminación das humidades, desinfección, reintegración das partes perdidas e a restauración cromática das mesmas.

Rematada a restauración, fíxose un mesado cunha estrutura de pino nórdico e aglomerada hidrófugo, ao tempo que se instalaron tiras de luces led e pequenos focos, así como sistemas para a circulación  e desaugue da auga de ríos e muíños.

Te puede interesar