área metropolitana

Pereiro fará obras en varios núcleos por máis de 284.000 euros

Tamén se aprobou a obra de mellora na travesía de Boeiros, neste caso cun orzamento de execución de 100.000 euros

A xunta de goberno local do Concello de Pereiro de Aguiar  aprobou tres proxectos técnicos de obras por valor de máis de 284.000 euros en distintos puntos do municipio. 

Entre o acondicionamento atópase a ampliación da iluminación pública na Derrasa, Cortiñas, Boeiros e Cachamuíña, que conta cun orzamento de execución por contrata e 114.77 euros. Tamén se atopa o acondicionamento da travesía en Cortiñas, cun orzamento de execución por contrata de 70.000 euros. Por último, tamén se aprobou a obra de mellora na travesía de Boeiros, neste caso cun orzamento de execución de 100.000 euros. 

A INICIOS DE XANEIRO

Estes proxectos estarán definitivamente aprobados a inicios de xaneiro, unha vez remate o prazo de exposición pública e se non hai ningún tipo de alegacións. 

Te puede interesar