transporte

A Peroxa terá autobuses internos desde novembro

O prezo dos billetes será de 1,40 euros ida e a mesma cantidade para a volta

O Concello de A Peroxa terá desde o vindeiro día 6 de novembro un servizo de transporte interno á disposición dos veciños das parroquias. Este servizo, froito dun acorodo coa empresa concesionario de autobuses públicos Alfer, percorrerá os núcleos cara á capitalidade do municipio os luns, martes, mércores e xoves de cada semana. 

O prezo dos billetes será de 1,40 euros ida e a mesma cantidade para a volta. 

O servizo de autobuses interno foi organizado pola compañía Alfer e o Concello, aínda que Seoane indica que non repercutirá nas arcas municipais, xa que a empresa de transportes nutrirase dos billetes vendidos. 

"Para a empresa non é rendible, pero mostrouse favorable a negociar para que os veciños non perdesen calidade de vida. Seguramente terán beneficios os días de feira e a primeiros de mes, cando a maior parte dos habitantes se traslada aos bancos, médico, farmacia...O resto do tempo seguramente terán perdas", confiesa el alcalde de A Peroxa, Manuel Seoane. 

"É un compromiso adquirido cos veciños para que poidan ter acceso aos distintos servizos públicos", engade. 

Desde o Concello animaron aos veciños a que fagan uso deste novo servizo, para que así poida ter continuidade no futuro, xa que non conta con subvención ou distintas axudas.

Haberá catro liñas de Autocares Alfer desde Turbisquedo, Os Peares, Barra de Cima e Gueral, pasando toda polos núcleos de paso. Todas con saída ás 10,15 horas da mañá do punto de partida.

Te puede interesar