DEPORTE NA CIDADE

A piscina Rosario Dueñas acolle desde este mércores o Campeonato de España de Natación Artística

Esta é a quinta competición de ámbito estatal que acolle a cidade no que vai de ano

A piscina Rosario Dueñas acolle desde este mércores o Campeonato de España de Natación Artística

A piscina Rosario Dueñas acolle, desde esta mércores, os primeiros adestramentos do VI Campionato de España de Natación Artística, que se celebra do 12 ao 15 de xullo na na cidade. Participarán máis de 400 deportistas, na súa maior parte mulleres. Este é o quinto campionato nacional que acolle Ourense, despois dos de Atletismo sub'20 en pista cuberta, Hóquei pista juvenil, Baile deportivo, Salvamento e Socorrismo e mesmo ciclismo, a pasada fin de semana.

A todos estes xa celebrados, o vindeiro mes de novembro súmaselle o campionato de España de Hidong Gumdo Espada Coreana.


VI Campionato de España de Natación Artística

Deportistas dos 16 mellores clubs nacionais de natación artística comezarán os adestramentos para as diferentes especialidades na piscina Rosario Dueñas.

“Figuras, Solo, Dúo, Mixto, Equipo e Combo, un espectáculo deportivo que amosará o gran nivel que temos na sincro en Galicia”, sinalaba Luz Abadín, rexedora do Club Sincro. A entrada é libre e de balde, e desde o Consello Municipal de Deportes faise unha chamada a acudir a presenciar "un espectáculo deportivamente esixente e moi vistoso para os neófitos".