PROXECTO POLÍTICO

Podemos Galicia presenta o seu programa Impulsa

O programa Impulsa ten como obxectivo "fomentar o traballo asociativo e apoiar os proxectos sociais en marcha ou en cernes"

A  Podemos Galicia presentará hoxe, venres, no restaurante Alto do Couso de Ourense, a terceira convocatoria do programa Impulsa. O acto terá lugar ás 19,00 horas, está dirixido "ós círculos e organizacións sen ánimo de lucro da provincia" e será conducido pola secretaria de participaciòn, Begoña Hermida.


O programa Impulsa ten como obxectivo "fomentar o traballo asociativo e apoiar os proxectos sociais en marcha ou en cernes" e conta cunha dotacion de cincocentos mil euros para todo o Estado, que proceden das doazóns de salario dos deputados de Podemos, vinte mil dos cales se destinarán a Galicia.


Na presentación de hoxe explicaránse as bases para que os candidatos poidan presentar os seus proxectos e celebrarase un taller no que se amosará de xeito práctico o contido mínimo que haberán de incorporar o proxectos e se explicarán técnicas de socioloxía básica para avaliar as necesidades das zonas.

Te puede interesar