ENTREVISTA

"A poesía sustenta todo este universo influido polas pantallas"

celia1_result
photo_camera A ourensá Celia Parra, autora de "Pantallas".

Case unha década despois de gañar o premio Avelina Valladares co seu primeiro poemario "No berce das mareas", a ourensá Celia Parra (1990) volve ao formato coa publicación de "Pantallas" (editorial Galaxia), una reflexión sobre como inflúen os trebellos electrónicos na nosa vida

Case unha década despois de gañar o premio Avelina Valladares co seu primeiro poemario "No berce das mareas", a ourensá Celia Parra (1990) volve ao formato coa publicación de "Pantallas" (editorial Galaxia), una reflexión sobre como inflúen os trebellos electrónicos na nosa vida. Aínda que cre firmemente na poesía "por si mesma", a autora aposta pola experimentación da linguaxe e a hibridación de xéneros. Produciu "Versogramas", considerado o primeiro documental que investiga a relación da palabra co video; unha simbiose que en Galicia ten potencia. Cóntao quen o vive dende dentro. "Somos un punto clave na videopoesía", adianta.  

Cal é a reflexión de "Pantallas"?

"Pantallas" crea un universo situado nun futuro moi lonxano que conta como chegaría a ser a actualidade si continúa toda a tendencia que temos a interactuar coas máquinas e cos dispositivos electrónicos. É un universo situado nun futuro, pero é un espello do presente. De maneira transversal ao longo do libro, gustábame influir en que aínda que estemos superpoboados por pantallas, a poesía é a raigame que sustenta todo este mundo.

É de lectura tradicional ou hai xogos de hibridación?

Pódese ler coma un poemario ao uso, pero teño unha maneira de escribir na que utilizo técnicas que proceden  doutros ámbitos. Para min a poesía xa é visual, si que deixo pistas da imaxe: fotografía, cine, publicidade...

A hibridación con outros formatos é un xeito de revivir a poesía?

A poesía é unha linguaxe que che permite xogar. Mestura-la axuda a que novos públicos se achegen a ela de maneira máis atractiva. Aínda así, son firme defensora da poesía en si, que non necesita ningón edulcorante.

Segundo poemario dende 2009. Cal foi o impuso para volver?

"Pantallas" naceu nun momento vital no que me din conta de que levaba durante unha tempada larga conectada ás pantallas. En principio, por traballo, xa que me adico á produción audiovisual. Ao final caes nesa rede.

Que lle aporta o video á poesía?

Ambiente, sensacións, cambios de ton e de luz... En realidade, o que fai un videopoema é ampliar o ambiente que hai debaixo do texto.

Hai videopoetas en Galicia?

Si, creo que a Comunidade é un punto clave na videopoesía. Antón Reixa e Yolanda Castaño foron os que empezaron, pero hai mais nomes: "CintaAdhesiva", Iria Pinheiro, as Candongas do Quirombo, Colectivo Fiinda...

Hai un perfil ou corrente?

Penso que hai bastante diversidade, con temas distintos. A maioría son videopoemas en galego. Falan de identidade, da lingua...pero non so eses temas.

"Videogramas", o seu documental. Como evolucionou? Deu pé a que se unira xente á videopoesía?

Cando nos empezamos a facelo,  a poesía estaba moi presente na rede, a nivel internacional. Pero en Galicia había videopoetas moi potentes e ningún proxecto que recollese todo o panorama. Non temos claro si foi o primeiro ou non, pero fixémolo para volcar a nosa pasión. Oxalá sirva para que se fale mais de videopoesía, que xa se están facendo moitas cousas. Cremos que cada vez hai mais concursos e festivais de videopoesía, e tamén está chegando ás escolas. 

Te puede interesar