ENTREVISTA FITO

“Pomos en escea o debate da liberdade das mulleres"

Mónica Camaño é integrante da compañía teatral Contraproduccións

“Pomos en escea o debate da liberdade das mulleres"

"Nacidas libres" é o paradóxico lema das monxas Mercedarias de Santiago e que, a súa vez, da nome á nova proposta da compañía Contraproduccións que estará hoxe no Teatro Princial, ás 20,30 horas, dentro do programa do FITO. O argumento central da obra parte da noticia do rescate pola policía das tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago. 

Que reflexións se atopan no transfondo da obra? 
En escea temos o debate central de ata que punto, dende as circunstancias da muller, somos libres. Unha reflexión que se vai abrindo a outros camiños e se extrapola a liberdade das persoas en xeral.

Cales son os principais condicionantes ós que se enfronta a muller?
Creo que a relixión moitas veces foi un paraugas que nos impediu medrar ou que nos cercenou. As condicións sociopolíticas do desenvolvemento de cada realidade, é dicir, o patriarcado e o capitalismo tamén foron pedras no camiño para o desenvolvemento das mulleres que rematamos sendo as traballadoras invisibles. Non está demais que fagamos esta reflexión para comprender que ,a pesar de todo o terreo gañado, non podemos baixar a garda porque o podemos perder facilmente. 

Por qué bañar a perspectiva do xénero con pinceladas de comedia?
Ao igual que na vida mesma na que somos quén de sacar a visión irónica das desgrazas e dos poblemas, no teatro xogamos con tintes de comedia. Deste xeito, o sorriso sempre baña a escea e non é máis que unha forma de respirar para coller folgos.

Que foi o máis complexo da obra?
Falo por min, pero creo que para as compañeiras se cadra tamén foi o mesmo, posto que non é sinxelo achegarse a un mundo como é o da clausura que nos queda lonxe para tentar buscarlle os resortes e comprender as razóns. A súa vez, na mecánica dos ensaios atopamos un xogo continúo de persoaxes que entran e saen nunha persoa e hai que buscarlle o corpo posto que somos catro actrices e encarnos algo más dunha ducia de papeis. Esta montaxe plantexouse como un reto sumamente atractivo para nós como actrices.

O texto reflexa a problemática da idade para conseguir un papel. Trasluce a realidade da cultura?
No caso das actrices dase o "handicap" de que a idade non sempre vai ao noso favor. A partir dos 35 anos non sempre hai papeis para mulleres e, sobre todo, empeza a ser máis complicado que haxa espazo para ser protagónicas ou centrais nas historias.