ENTREVISTA

Antón Pulido: "Na ponte que pinto, unha parella de 1918 desfruta da marabilla que trouxo o porvir"

Dibujo
photo_camera O pintor Antón Pulido.

O ourensá fala da súa lámina en conmemoración do centenario da Ponte Nova e dos seus proxectos futuros

A primeira vez que expuxo a súa obra foi no Museo Arqueolóxico de Ourense, da man de Ferro Couselo. En Madrid, Seúl ou Nova Iorque admiran hoxe a obra deste pintor de Bóveda de Amoeiro, un dos creadores máis recoñecidos fóra das nosas fronteiras e que mañá regala aos lectores de La Región a súa visión da Ponte Nova. Trátase da quinta lámina dunha colección na que un total de once artistas ourensáns mostra a obra centenaria dende a súa perspectiva, e que se entregan gratuítamente co xornal. A imaxe de Pulido viaxa dende 1918 ata o presente. 

Como pinta a Ponte Nova?

Hai tres elementos importantes: a ponte, que a puxen amarela para que sobresaia; unha parella que contempla e desfruta no ano 1918 a marabilla da obra–están abrazados porque sempre é un elemento da miña obra, as apertas–e, por último, conxugo a parte moderna de Ourense como distintivo, coa torre ao fondo. O ceo violeta é o complementario do amarelo da Ponte.

Por que unha parella?

Pensei nunha parella da época que pasaba por alí e se recreaba e gozaba a ponte, que foi do máis importante que sucedeu en Ourense, xa que a partir de aí veu o porvir da cidade. A Ponte Nova pola que pasei tanto é unha ponte fermosísima que trouxo a riqueza a Ourense.

20180716204544496_resultQue recordos ten dela?

Cando facíamos paseos. Para min, é un sitio neurálxico onde queiras ou non queiras tes que pasar. Dende a parte de abaixo, o paseo, a ponte engana moitísimo con esta vista. Eu paseaba aí, polas ribeiras do Miño. Antes paseábase máis, agora desfrútase menos dos paseos polas ribeiras. 

Recorda eses paseos que “desapareceron". Agora os ourensáns non se vinculan tanto ca cidade e cos seus monumentos?

Todo o contrario. Nunca estiveron tan ligados os ourensáns a todos os seus monumentos e todo o que ten a nosa cidade como agora, pero aínda esta por descubrir Ourense para moitos. Cando saio fora, vexo como presumen de ser ourensáns. A ourensanía esta moi presente.

E para os artistas? Hai futuro na cidade?

Hai uns grandes artistas en Ourense e en toda Galicia. O que sucede hoxe ca arte, en tódolos lados, é que é un mundo moi difícil e a crise sempre repercute nel. Na cultura é onde se fan os recortes, nos museos, na arte, non nos camiños. Pero en Ourense tivemos e temos extraordinairas xentes: pintores, escritores, escultores...boísimos artistas. A difusión, moitas veces, non é a adecuada.

E que é Ourense na súa obra?

Para min é vital. Son de Bóveda de Amoeiro, e aínda que vivo en Vigo, sempre cheiro os airas da serra de Martiñá. Cando os de Amoeiro facemos algo, miramos para "A serra deusa", como dicía Otero. Para todo: ver o tempo, se chovía ou non, as luces, as sombras... E da cidade tamén son os meus recordos, incluso de rúas estreitas. Vivimos de recordos e os meus están todos perdidos en Ourense. Acórdo mecando ía con Otero, Trabazo.  Prego ou Faílde paseando polas rúas de Ourense sen prisa, sen tempo. Pasabamos dúas ou tres horas para chegar a un lugar. Eses recordos están sempre na miña experiencia e na miña cultura.

Algunha anécdota máis con Otero ou Trabazo, por exemplo. 

De Otero, unha vez que collín o coche e o levei a Trasalba, paramos en Bóveda de Amoeiro. Díxenlle: "Voulle ensinar unha das vistas máis fermosas de Galicia". Paramos no alto do Piñeiro e colleu o caxato e dixo: "Dende aqui vense sete arciprestados. Efectivamente, as mellores vistas". Conocía as vistas mellor ca min!  Despois había un incendio en Amoeiro e púxose frenético contra eles: "Están destrozando, están destrozando", dicía.  Todo o que contaba Otero era sempre transcendente. Con Trabazo faciamos viaxes turísticos pola provincia, saíndo a primeira hora da mañá e ata a unha ou duas da madrugada.

Non do mesmo xeito, pero en Ourense poderá haber persoeiros desa transcendencia?

Os persoeiros, cando un vive dentro deles, non se da conta de que están. Ao pasar o tempo, si. E haberaos. Sempre veñen artistas, aínda que falar de Otero Pedrayo é falar da persoa máis importante da cultura galega. Pero por exemplo, Marcos Valcárcel será un persoeiro que co tempo irá medrando. 

Fáleme dos seus proxectos actuais.

Os artistas sempre andan con exposicións ao lombo.  Teño unha en Madrid, outra en Nova Iorque e outra en Seúl. Vou a inaugurar unha en Baiona o 10 de agosto. Expoño alí porque sempre veraneei, dende neno. Tamén estou cun libro de poemas ilustrados que me fai moita ilusión. E o día 17 de agosto tamén darei unha conferencia que se titula: "A arte, unha inversión". Porque hoxe é a mellor inversión que hai, a máis produtiva e satisfatoria. A inversion máis segura que existe. 

Te puede interesar