FORO LA REGIÓN

Pontón: ‘Se xestionamos os recursos, teremos uns mellores servicios públicos'

1op5649_02_result
photo_camera Pontón e Díaz amosan "As contas que nos contan", libro escrito polo protagonista do Foro.

A portavoz nacional do BNG presentou o convidado, destacando o seu traballo "no anonimato" en materia económica

Poucas semanas despois de ser a protagonista do Foro La Región, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, foi a encargada de presentar a Xosé Díaz, facendo unha breve introducción sobre a súa visión sobre o modelo económico e de financiamiento co que Galicia se nutre.

A parlamentaria nacionalista destacou que esta cuestión debe situarse no máis alto da lista de prioridades do Goberno galego, "para sacar todo o potencial que hai no territorio" e permitir á Comunidade sacar partido a todo o seu potencial.

"Este é un debate moi importante para o país, sobre a súa capacidade económica, como poder producir todo o potencial e saír desa crise permanente na que parece que estamos instalados", destacou Pontón.

A líder do BNG tivo palabras de agarimo para o protagonista da conferencia, recordando a súa traxectoria nos astaleiros de Ferrol e o papel que xogou no discurso da formación coa que chegou a ser deputadono Parlamento galego, entre 1997 e 2001. Pontón confesou que coñeceu a Díaz hai máis dunha década.

"Ensinoume aspectos clave da economía, por que necesitamos confiar nas nosas forzas. Xosé Díaz fixo unha labor moi importante dentro do BNG dende o anonimato, debémoslle moito ó seu traballo", afirmou.

Entrando sobre a cuestión do novo modelo de financiamento que o Goberno español está a pór sobre a mesa, unha negociación na que participan todas as comunidades autónomas, Pontón abogou por un cambio profundo. "Os datos son claros, e desmontan esa idea de que somos un pobo subsidiado. Polo tanto, estamos nun momento clave para superar este modelo que queren manter os do réxime do 78, ese café para todos que en Galicia nos sabe amargo", sinalou a portavoz parlamentaria do BNG.

Como conclusión á súa intervención, Pontón apuntou que todos os recursos públicos de primera necesidade para os galegos, como a sanidade ou a educación, veríanse moi beneficiados cunha maior autonomía de Galicia en materia fiscal.

"Se xestionamos, teremos máis recursos para os servicios, iso está claro, necesitamos medrar", concluiu Pontón. 

Te puede interesar