POLÍTICA

O PP confía a Luis Antonio Iglesias a candidatura no Concello de Coles

Baltar e Luis Antonio Iglesias.
photo_camera Baltar e Luis Antonio Iglesias.

Luis Antonio Iglesias optará a formar un goberno popular en Coles achegando toda a experiencia acumulada nos tres mandatos que leva como portavoz da oposición

Luis Antonio Iglesias Fernández (Coles, 1955) será o candidato do PP á alcaldía de Coles nas eleccións municipais de maio, liderando o "proxecto de dinamización" que o partido quere presentar neste concello. "Unha gran oportunidade", destacou  o presidente provincial, Manuel Baltar, para "facilitar un cambio de rumbo que permita a Coles participar das posibilidades de desenvolvemento que ofrece a comarca de Ourense".

Luis Antonio Iglesias optará a formar un goberno popular en Coles achegando toda a experiencia acumulada nos tres mandatos que leva como portavoz da oposición. Un tempo, afirmou, "no que estivemos a traballar para fiscalizar a acción de goberno, facendo un labor de información á veciñanza para que coñeceran a situación real do concello e explicando que temos un modelo de xestión moito máis ambicioso".

Te puede interesar