Ourense

Premios de ata 350 euros para os mellores disfraces do Entroido de Verán 2018

Ourense. 14-10-17. Local. Entroido de Verán na praza maior de Ourense.
Betty, Victorino.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Unha das parellas que participou no Entroido de Verán da cidade no 2017.

O 15 de setembro, ás 21,30 horas, terá lugar un percorrido por diferentes rúas do Casco Vello, de onde sairán os gañadores do concurso Individual, de Parellas e de Grupos

Xa está aberto o prazo para inscribirse no Entroido de Verán 2018 do Concello de Ourense, que terá lugar o vindeiro 15 de setembro nas rúas do centro histórico da nosa cidade. Os interesados en participar nesta actividade terán de prazo até o 11 de setembro ás 13:00 horas para inscribirse nas instalacións da Concellaría de Cultura (no Auditorio Municipal, entre 9:00 e 14:00 horas), ou no mail [email protected].

Este xoves a Xunta de Goberno Local aprobou as bases para a celebración desta actividade, que contará cun orzamento de 1.975 euros, que se distribuirán en 15 premios nas categorías Individual, Parellas, Grupos (de máis de catro persoas) e mellor foto colgada no Facebook “Entroido de verán en Ourense”.

Así, na categoría de premios individuais o primeiro premio estará dotado con 200 euros; o segundo, con 150 euros e o terceiro con 100 euros. Tamén haberá cinco áccesits de 50 euros.

Para as parellas os premios serán  de 200 euros para os gañadores; 150 euros para os que queden de segundos e 100 euros para os terceiros. Na categoría de grupos os premios serán de 350 euros, 250 euros e 150 euros. A contía do premio para a mellor foto colgada no Facebook será de 75 euros.

O 15 de setembro, as  21,30 horas, terá lugar un percorrido por diferentes rúas do Casco Vello (Praza Maior, Lamas Carvajal, praza de Santa Eufemia, rúa da Paz, Praza do Ferro, rúa Fornos e Correxidor). O xurado estará composto por un representante da Concellería de Cultura, un representante dos hostaleiros da Praza do Correxidor e persoeiros do mundo da Cultura, do Deseño, da Imaxe ou da Comunicación.

 

 

Te puede interesar