ENTREVISTA CON ANXO QUINTANA

"O proceso de Cataluña non é transportable a Galiza. Aquí aínda hai que ser, despois vencer"

quintana
photo_camera Anxo Quintana, nunha foto recente. (MARCOS ATRIO)

O agora empresario e exvicepresidente da Xunta considera que Galicia ten un problema de desgaleguización

"Qué pasa con Galicia?" é o título da conferencia que Anxo Quintana, agora empresario e exvicepresidente da Xunta pronunciará hoxe, a partires das 20.15 horas, no Centro Cultural da Deputación. O veterano político, agora retirado, cre que Galicia ten un problema de desgaleguización e, aínda que ve con naturalidade as ansias independentistas de Galicia e Escocia, recoñece que os galegos aínda están na fase de "ser", de convencerse de que "nos irá mellor con nós mesmos" para chegar á de vencer, na que están as outras dúas.

Que pasa con Galicia, segundo vostede?

Temos problemas estructurais e outros engadidos pola crise que teñen España e Europa. Pero vexo un problema político moi importante de desgaleguización, que é o peor e que temos que enfrentar. Porque da a impresión de que a Galiza se a toma como unha extensión de España e eso non me gusta. Inténtase trasladar que os problemas de aquí son producto de que haxa un goberno da dereita ou da esquerda en España, de que triunfe unha ou outra. O que pasa é que Galiza non ten a posibilidade de gobernarse a si mesma, nin pode aproveitarse dos seus recursos no seu propio beneficio.

Pero cómo conquerir eso?

Podemos facelo cando os galegos queiramos construir esa Galiza e haxa a vontade maioritaria para lograr aproveitarnos dos nosos bens e recursos. Non pode ser que as decisións económicas que nos afectan tanto non as decidamos nós, senon catro burócratas en Bruselas. En realidade, penso que debiamos estar en condicións de aportar un novo concepto á vella política de dereita ou esquerda. Ten que emerxer, e faino xa, unha nova política de cidadáns e dende Galicia, que están en condicións de construir ese novo modelo.

Cómo repercute a fragmentación do nacionalismo en ese proceso de regaleguización que vostede pregona?

Aínda que milito no BNG, non participo dende hai cinco anos na vida orgánica da formación e non quero facer valoracións. Pero preocúpame máis o panorama político actual. Porque hai cinco anos era claramente de tres formacións políticas, propio de Galiza. Pero hoxe hai un espazo para o PP e outro para toda a oposición de esquerda afrontada ó PP. Eso é un empobrecemento da política en Galiza e eso non lle convén a esta terra. Tamén é importante estar no debate territorial do Estado. Fálase de Cataluña e de Euskadi, pero non de Galiza e temos que recuperar ese protagonismo.

Que impresión lle merece a pretensión independentista do pobo catalán?

Véxoo coma un proceso normal, dunha vontade maioritaria dos cataláns ante a falta de cintura política de Madrid. Eso si, é un proceso democrático pero non transportable a Galiza. Aquí as dinámicas son outras, hai que buscar a vía netamente galega, tendo en conta que primeiro hai que ser e despois vencer. En Cataluña ou Escocia xa están nese segundo punto, nós aínda estamos na fase do ser. Aínda temos que convencernos do que podemos ser, insuflarnos autoestima e, cando maioritariamente esteamos convencidos de que iría mellor por nós mesmos, dicir cómo e dar os pasos adecuados. 
 

Que pensa, coa distancia que marca o seu despacho de empresario, da clase política actual e da corrupción que parece xeneralizada?

Xenérame moita preocupación porque cando hai tantos casos é xa un problema moi grave, que tódolos responsables políticos deberían atallar con vontade inquebrantable. Eu sempre entendín a política como un servizo público e sorpréndeme que tanta xente a entenda como unha carreira persoal, para o seu beneficio persoal, algo alonxado do que eu vivín e vin no BNG.

Vai volver á política activa?

Teño a sensación de que nunca me fun da política porque ésta son ideas e valores, que eu manteño. Pero volver á política como carreira e con cargo, eso rematou. Pero vivimos un momento especialmente difícil, é o momento para o compromiso e nese sentido penso aportar hoxe, na conferencia, a miña colaboración e aportación. 

Te puede interesar