Ourense

O programa de conciliación de verán celebra este xoves actividades para fomentar a amizade

Haberá un intercambio de xoguetes usados na Praza da Ferreiría, un obradoiro de regalos no día dos avós e avoas e unha festa de escuma no Centro Cívico de Seixalbo

As actividades de Conciliación Familiar nos centros cívicos, que contan con 525 participantes -a cifra máis alta acadada desde a súa creación- de entre 4 e 11 anos, celebran este xoves actividades en diferentes puntos da cidade para o fomento da amizade e dos valores humanos recoñecidos na Convención de Dereitos da Infancia. Todas estas actividades serán ás 12:00 horas.

- C.C. Colón: feira de intercambio de xoguetes usados, na Praza da Ferreiría.

- C.C. As Termas: obradoiro de regalos no día dos avós e avoas.

- C.C. Seixalbo: festa da escuma para enxalzar a amizade.

Os centros cívicos aumentaron o horario de atención para este verán, que pasa a ser das 9:00 ás 13:30 horas de luns a venres, unha hora diaria máis. As actividades de Conciliación Familiar e Laboral desenvólvense en catro quendas: do 2 ao 13 de xullo; do 16 ao 31 de xullo; do 1 ao 14 de agosto e do 16 ao 31 de agosto.

“Ademais de axudar as familias a que os seus pequenos e pequenas poidan desfrutar de actividades mentes non están de vacacións, este programa ten por obxectivo fomentar a participación dos nenos e nenas en actividades socio educativas, lúdicas e culturais que promovan unha educación en igualdade e o coñecemento dos seus dereitos recoñecidos na Convención de Dereitos da Infancia”, sinala a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy.

Te puede interesar