ÁMBITO RURAL

Programa revivenda: a aposta por revitalizar o rural

A Deputación de Ourense presentou un programa piloto para que "apostar por un rural activo e dinámico"

A Deputación de Ourense deu conta dun programa piloto, "Revivenda", que se implantará en Oimbra e A Veiga como experimento para ver as consecuencias "e se ten bos resultados ampliarase ao resto da provincia".

Manuel Baltar amosou a cooperación e o compromiso do goberno provincial con este programa, para o cal a Deputación achega un total de 200.000 euros (100.000 euros para cada concello) e os concellos, 10.000 euros cada un, e avanzou que nos próximos días asinarase o correspondente convenio “desta iniciativa que, agardamos, sexa todo un éxito para o noso rural”.

Os dous concellos (Oimbra e A Veiga) redactarán as respectivas ordenanzas municipal para a creación e regulación deste programa de vivendas  baleiras en condicións de habitabilidade e sempre cun prezo módico, que incentiven o arrendamento de inmobles que anteriormente se atopaban, na maioria das ocasións, nunhas condicións non idóneas para o seu uso.

Os concellos da Veiga e Oímbra subvencionarán o 40% da reforma (IVE non incluído) cun  máximo  de 12.000 euros de subvención. A porcentaxe da subvención, no caso de que a reforma sexa executada por empresas con domicilio social en Oímbra acadará o 60% do investimento (IVE non incluído), co límite máximo de subvención de 12.000 euros de subvención por inmoble.

Asentar familias no rural

Os alcaldes destes municipios, Juan Anta e Ana Villarino, coinciden en destacar o apoio amosado “desde o minuto un polo presidente Baltar” dunha iniciativa que ten como obxectivo “darlle vida ao que xa a tivo, remodelar vivendas antigas, rachar co feísmo e ofrecer posibilidades laborais nos ámbitos da agricultura, gandería, industria e turismo”, afirmou Ana Villarino. “Nos nosos concellos temos servizos e hai posibilidades para as familias que se queiran asentar neles, e o que pretendemos e traballar por un rural máis dinámico e activo, con Oímbra e A Veiga como referentes deste impulso do rural”.

Te puede interesar