movilidad

Concordia, novo obxectivo de peatonalización en Ourense

OURENSE 14/09/2018Presentacion de actividades seman Europea Mobilidade no concello Belen Iglesias, Pepe Araujo, Carlos Campos y Mario Gonzalez .Iago Cortón
photo_camera Presentación de las actividades que se desarrollarán en Ourense con motivo de la Semana Europea de la Movilidad.

O tráfico nesta rúa, na avenida de Buenos Aires e en Bedoya estará afectado na Semana da Mobilidade

 

A Semana Europea da Mobilidade, que se celebrará na cidade de Ourense entre o 17 e 23 de setembro, ten como obxectivo "humanizar a cidade e facer que os peóns teñan prioridade nas rúa"s, tal e como explicou o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, durante a presentación da iniciativa. 

O comezo do evento durante a xornada de mañá coincidirá coa peatonalización oficial da rúa Xoaquín Lorenzo e da primeira parte da rúa Cardenal Quevedo, ata a avenida da Habana. Esta decisión municipal chega despois da fase de experimentación realizada durante a Semana da Mobilidade do pasado ano, cando ambos tramos se convertiron, por uns días, en peoniles. Na edición deste 2018, serán Concordia, avenida de Bos Aires ata Valle Inclán e Bedoya ata Valle Inclán as que se verán afectadas polos cortes. Deste xeito, os vehículos non poderán aparcar nelas durante toda a semana, aínda que si circular. Porén, durante o Día sen coches, 22 de setembro, os tres tramos permanecerán pechados ao tráfico, do mesmo xeito que a rúa Pardo de Cela, e só poderán acceder os coches que se dirixan a garaxes privadas ou parkings públicos, así como aqueles vehículos de carga e descarga. José Araújo adiantou na rolda de prensa a posible peatonalización definitiva da rúa Concordia, propiedade da Xunta de Galicia. "Solicitamos á Dirección Xeral de Infraestruturas que traballe na humanización desta rúa, para que se convirta nunha plataforma única de uso peonil", explicou o concelleiro. O seguinte paso é a presentación oficial deste proxecto dende o Goberno galego, que se fará en "breves", en palabras do propio Araújo. "Queremos que os vehículos circulen sabendo que o peón é o prioritario", engadiu. 


Actividades


Durante toda a semana, a cidade acollerá diversas actividades deportivas e culturais. José Araújo quixo destacar a exposición fotográfica "Combina e Móvete", organizada en colaboración con Viaqua, que presentará imaxes de persoas ou empresas ourensanas que apostan polo transporte ecolóxico. 

Do mesmo xeito, salientou a charla que o Marcos Valcárcel acolle o próximo luns 17, sobre o proceso Móvete por Ourense, co que se pretende impulsar novos hábitos de mobilidade menos contaminantes co medio ambiente entre a veciñanza da cidade.

Te puede interesar