CONCELLO DE OURENSE

A sobre protección infantil, protagonista nun obradoiro do Concello

O obradoiro estará dividido en catro sesións e está destinado aos pais e nais dos diferentes centros educativos da cidade

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense levará a cabo un ciclo de obradoiros formativos que terá como tema central a sobreprotección paterno infantil. Unha actividade que será gratuíta e que se ofertará a centros educativos e asociacións de nais e pais da cidade. 

En catro sesións, nais e pais terán a oportunidade de afondar en materias como a sobre protección, a auto estima e a familia, a violencia filial - parental e alimentación e saúde, da man de psicólogos  e nutricionistas.

Os dous grupos xa creados desenvolveranse no Espazo Lusquiños na Avenida de Marín, de 18:30 a 20:30 horas, os días 3, 5, 19 e 24 de abril, e no Colexio Divino Maestro, de 20 a 21.30h, os días 4, 6, 20 e 25.

Te puede interesar