POLÍTICA

O PSOE da Peroxa chama a actuar ante a despoboación

Acusan ao goberno local de non ter feito "nin unha sóa proposta para mellorar esta situación

O PSOE de A Peroxa chamou ao equipo do goberno do Concello a buscar solucións ante o elevado número de aldeas pouco habitadas e vivendas baleiras, sinalando o "pasotismo" ante este tema.

" Temos o triste honor de estar entre os primeiros postos en canto a pobos deshabitados e no primeiro lugar dos pobos con menos de 10 veciños, o que non augura unha boa perspectiva a curto prazo", din os socialistas en referencia a un informe publicado neste periódico.

Acusan ao goberno local de non ter feito "nin unha sóa proposta para mellorar esta situación, coa perda de máis de 700 habitantes en 15 anos" e piden que non se siga "coas políticas erradas". 

Te puede interesar