O PSOE en desacordo con algúns dos puntos da modificación de crédito

O líder do partido socialista, mostra o seu desacordo con financiar con case 3 millóns de euros 7 obras que él indica non foron elexidas con criterio

En rolda de prensa, José Ángel Barquero, fixo unha primeira valoración dos expedientes de modificación de crédito que irán ao vindeiro pleno. O líder dos socialistas de Ourense criticou a proposta número 11, de financiar por case tres millóns de euros 7 obras propostas polo concelleiro de Infraestruturas. Barquero fala dunha falta de criterio e pregunta o motivo polo que foron escollidas esas obras e non outras. 

Contan que están en desacordo coa que se propón para As Coiñás, onde di que o PXOM de 2013 tiña previsto facer un plan especial. Por esa razón, pedirán que se retire da orde do día e levarán unha moción pedindo que se elabore ese plan especial.

Te puede interesar