CIDADE

O PSOE ourensán critica que o Concello non acolla aos refuxiados do "Aquarius"

A agrupación critica a falta de "compromisos" e "sensibilidade" política do goberno do PP

O PSOE ourensán aproveitou a conmemoración do Día Internacional do Refuxiado para criticar a decisión do Concello de non acoller aos refuxiados do buque "Aquarius". 

Dende a agrupación socialista denuncian que a concelleira de Benestar Social e Persoal, Sofía Godoy, adicouse a "botar balóns fóra" no relativo a xestión da acollida de refuxiados, e tildan de "lamentable e vergoñento" a súa xestión e a do alcalde da cidade.

Segundo os datos da FEMP (Rede de Cidades Acolledoras da FEMP), Galicia presentou o ofrecemento de un total de 29 concellos dispostos a colaborar, no que a capital de As Burgas non se atopa. 

Te puede interesar